Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 24 de agosto de 2022 Páx. 45721

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación inicial do expediente de expropiación forzosa para a obtención de solo do sistema local viario da acción VL-12 Camiño do Cura (expediente 620/2021/258).

A Xunta de Goberno Local, o día 20 de xullo de 2022, acordou:

«Primeiro. Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa para a obtención dos terreos necesarios da parcela con referencia catastral nº 6225905NJ4062N0001OD, para a execución da acción VL-12 Camiño do Cura do vixente Plan xeral de ordenación municipal.

O importe deste proxecto ascende á cantidade de 85.258,37 € e existe crédito adecuado e suficiente no orzamento de 2022 con cargo á aplicación 30.151.600.05, código de proxecto 2022.2.30.10.1.

Segundo. Optar polo procedemento de taxación conxunta para a tramitación do expediente.

Terceiro. Requirir os interesados titulares dos bens e dereitos afectados para que acheguen os títulos en que se acredite a súa titularidade».

O expediente estará á disposición dos interesados durante o prazo dun mes, nas dependencias da Área de Urbanismo, Infraestruturas, Vivenda e Mobilidade do Concello da Coruña, situadas na praza de Indalecio Prieto, das 9.00 ás 13.00 horas, logo de cita que poderán solicitar por escrito no Rexistro municipal ou no enderezo de correo electrónico gestionsuelo@coruna.gal

A Coruña, 22 de xullo de 2022

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3846/2019, do 26 de xuño; BOP do 3 de xullo,
e Decreto 240/2022, do 8 de abril; BOP do 22 de abril)
Francisco Dinís Díaz Gallego
Concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade