Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 23 de agosto de 2022 Páx. 45524

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2022 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea B.D.F. I.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea B.D.F. I e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante escrito do 20.7.2022, José Ramón Resúa Brión solicitou autorización para a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea B.D.F. I.

Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. O informe da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica sobre a tramitación do expediente é favorable.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia.

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de José Ramón Resúa Brión e Mónica del Rosario Del Río Valiño, da concesión administrativa e do establecemento que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: B.D.F. I.

Situación:

Cuadrícula nº: 76.

Polígono: H.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 11.11.1975.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: José Ramón Resúa Brión (***1644**).

Novos titulares: José Ramón Resúa Brión (***1644**) e Mónica del Rosario Del Río Valiño (***8025**).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da Consellería.

Terceira. Os novos titulares da concesión quedan subrogados nos dereitos e nas obrigas do anterior desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a Consellería do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 28 de xullo de 2022

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña
Por delegación de sinatura (Resolución do 20.4.2021)
Miguel Gómez Losada
Xefe do Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro