Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Venres, 19 de agosto de 2022 Páx. 44626

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 3 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican varios actos administrativos en materia de enerxía ditados en procedementos da competencia desta xefatura.

Logo de intentar en tempo e forma a práctica da notificación dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade co disposto nos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázanse, para proceder á notificación dos actos administrativos, as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou os seus representantes debidamente acreditados.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Provincial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 3 de agosto de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Persoas interesadas

Acto notificado

Sabina Costas Costas

Armando Fernández Costas

Resolución do 4 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de declaración, en concreto, de utilidade pública da parte aérea da instalación eléctrica Recuamento LMT VAA-705 derivada CT SMA embalse nos concellos de Vigo e Gondomar (expediente IN407A 2019/014-4) e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita.

Hrdos. Fernando Zunzunegui Rodríguez

Resolución do 20 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de desistencia da solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica Reforma LMT TRO703 e instalación CT Sampaio 2 no concello de Vigo (expediente IN407A 2022/040-4).

María Salgueiriño Domínguez

Resolución do 20 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello do Porriño (expediente IN407A 2021/314-4).

Ana María Amorín Bravo

Resolución do 16 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica no concello de Gondomar (expediente IN407A 2022/003-4).

Emilio Domínguez Pérez

Resolución do 24 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de desistencia da solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica LMTS, CT rúa Aguadiña-Lavadores no concello de Vigo (expediente IN407A 2021/025-4).

Elvira Misa Figueroa

Resolución do 29 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica no concello de Nigrán (expediente IN407A 2022/029-4).

CMVMC de Lérez

Resolución do 27 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de desistencia da solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica Substitución do apoio HV-200-9, A6T5R2RH//154 en Monte Lérez no concello de Cerdedo-Cotobade (expediente IN407A 2022/141-4).

Manuel Castro Vicente

Amalia Lomba Rodríguez

Resolución do 27 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de desistencia da solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica Substitución apoios na LM ROS808 e LMTA no concello da Guarda (expediente IN407A 2021/194-4).

CCMMVV de San Miguel de Catoira

Información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación Substitución apoios 9WA5K7BL e 9WCS4QJ0 na LMT VAR808B no concello de Catoira (expediente IN407A 2022/110-4).

María Isabel Otero Castro

José Pardo Quilla

Información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación Regulamentación VLG806 entre apoios 9NUVEAF8//27 e 9NVMTC6K//26 no concello do Grove (expediente IN407A 2022/193-4).