De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), por resultar descoñecida a persoa interesada, notifícaselle a información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación de substitución dos apoios A8UMXPD7//21, A8SD5NWO//22 e cambio de cruceta no apoio A8XC9PPI//20 na LMT LES809 (expediente IN407 2022/274-4) e a afección da parcela indicada no anexo.
Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Provincial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 3 de agosto de 2022
Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº de expediente: IN407A 2022/274-4.
Denominación: substitución dos apoios A8UMXPD7//21, A8SD5NWO//22 e cambio de cruceta no apoio A8XC9PPI//20 na LMT LES809.
Concello: Cuntis.
Nº |
Lugar |
Cultivo |
Referencia catastral |
Titular |
Apoio |
|
nº |
m² |
|||||
2 |
Ferreiros |
Rústico |
36015H50100091000DH |
Descoñecido/a |
1 |
1,21 |