Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Venres, 19 de agosto de 2022 Páx. 44677

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cenlle

ANUNCIO de notificación a titulares coñecidos e descoñecidos para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que as persoas titulares dos bens que se relacionan a seguir son descoñecidas e resulta imposible a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, impostas polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Referencia catastral

Titular

Localización

Polígono

Parcela

m afectados

Custo por m²

Liquidación provisional

32026A008005660000TB

En investigación

A Lama

1

55

105 m

1,20 euros

126,00 euros

32026A01100570000TS

Carmen González Rodríguez

A Torre

9

20

263 m

1,20 euros

315,60 euros

32026A014004000000TB

Benito Parente Martinez

Laias

14

400

43 m

1,20 euros

51,60 euros

32026A014003820000TO

Elvira González Fernández

Laias

14

382

140 m

1,20 euros

168,00 euros

32026A014003810000TM

Manuel Fernández Nóvoa

Laias

14

381

119 m

1,20 euros

142,80 euros

32026A014004050000TL

Inocencio Piñeiro González

Laias

14

405

191 m

1,20 euros

163,20 euros

32026A014004030000TQ

Darío Fernández González

Laias

14

403

162 m

1,20 euros

194,40 euros

32026A014004040000TP

Eulogia Álvarez González

Laias

14

404

210 m

1,20 euros

252,00 euros

32026A011010010000TL

Veciños de Razamonde

Razamonde

11

1001

14.196 m

1,20 euros

17.035,20 euros

32026A009000200000TI

Carmen González Rodríguez

A Torre

9

20

1455 m

1,20 euros

1.746,00 euros

32026A021002980000TZ

Eudosia García Rodríguez

Sadurnín

21

298

566 m

1,20 euros

679,20 euros

3206A021003010000TH

Benedicto Fariñas Castro

Sadurnín

21

301

488 m

1,20 euros

585,60 euros

32026A003003060000TL

Antonio Salcedo González

Riobó

3

306

2750 m

1,20 euros

3.300,00 euros

32026A003000190000TT

Mª de las Mercedes Cid Temes

Riobó

3

19

22.304 m

1,20 euros

26.764,80 euros

32026A032030000000TG

Veciños de Cenlle

Cenlle

32

3000

32.398 m

1,20 euros

38,877 euros

32026A020010000000TI

Veciños de Saa

Sadurnín

20

1000

577.731 m

1,20 euros

693.277,20 euros

32026014006310000TL

Antonio Fernández Mosquera

Laias

14

631

406 m

1,20 euros

487,20 euros

32026A019007240000TH

En investigación

Saa

19

724

175 m

1,20 euros

210,00 euros

32026A011006760000TK

Carmen Rivera Conde

Barbantes-estación

11

676

364 m

1,20 euros

426,80 euros

1º. En virtude do que antecede, as persoas responsables dispoñen dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario de xestión da biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ou da data da notificación por correo postal no caso de que esta notificación se fixer efectiva con posterioridade á data de publicación do anuncio.

2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o dito prazo, o Concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. A persoa titular do terreo ou do dereito de aproveitamento terá a obriga de facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión de biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas. Quen realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais recollidos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de mereceren a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española. O prezo da liquidación provisional dos traballos de xestión de biomasa é de 1,20 €/m².

3º. En caso de persistencia no incumprimento, e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007:

a) Administración competente para sancionar (artito 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para resolver os procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a. A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b. O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c. A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

3. A incoacción do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves ou moi graves corresponderalle á persoa titular da alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (artigo 51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impor no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007). No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso da madeira resultante da corta das especies destinatarias na sede electrónica do concello actuante.

Cenlle, 28 de xullo de 2022

José Manuel Rodríguez Lamas
Alcalde