Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Venres, 19 de agosto de 2022 Páx. 44501

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2022, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 1 de agosto de 2022 de concesión das axudas convocadas ao abeiro da Orde do 28 de abril de 2022 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa xove, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2022 (código de procedemento BS306B).

Mediante a Orde do 28 de abril de 2022 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa xove e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2022 (código de procedemento BS306B), publicada no Diario Oficial de Galicia número 92, do 12 de maio de 2022, establecéronse as bases reguladoras e convocouse o procedemento para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas enmarcadas no programa Iniciativa xove para a posta en marcha de iniciativas xuvenís durante o ano 2022.

En virtude do Decreto 58/2022, do 15 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, e do Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, tras a súa aprobación no Diario Oficial de Galicia número 130, do 8 de xullo de 2022, publícase o Decreto 124/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social e Xuventude, que entra en vigor o mesmo día da dita publicación.

De conformidade co artigo 19 da citada orde, o órgano competente para resolver, por delegación da persoa titular da agora Consellería de Política Social e Xuventude, será a persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Así mesmo, o artigo 12 establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución de concesión das axudas convocadas ao abeiro da Orde do 28 de abril de 2022 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa xove e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2022 (código de procedemento BS306B), que se recolle no anexo á resolución.

Segundo. Comunicar que a resolución de concesión das axudas, que finaliza este procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpor potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Esta resolución tamén poderá ser impugnada directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza, o órgano contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2022

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Resolución de concesión das axudas convocadas ao abeiro da

Orde do 28 de abril de 2022 pola que se establecen as bases que rexen as axudas
enmarcadas no programa Iniciativa xove e se procede á súa convocatoria
para o exercicio 2022 (código de procedemento BS306B)

Mediante a Orde do 28 de abril de 2022 (Diario Oficial de Galicia nº 92, do 12 de maio) establecéronse as bases reguladoras e convocouse o procedemento para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas enmarcadas no programa Iniciativa xove para a posta en marcha de iniciativas xuvenís durante o ano 2022.

Unha vez comprobadas as solicitudes polo órgano instrutor, examinadas pola Comisión de Avaliación as admitidas a trámite e emitido por esta o informe referido no artigo 16.7, á vista da proposta de resolución formulada polo órgano instrutor, tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias e atribuída a competencia para resolver, por delegación da conselleira titular con competencia en materia de Política Social, segundo o disposto no artigo 19.1 e na disposición adicional segunda,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as axudas ás asociacións, federacións e grupos informais de mozas e mozos recollidas no anexo I, na contía sinalada para cada entidade ou grupo e en aplicación dos criterios de avaliación e prelación establecidos nos artigos 16 e 17, por un importe total de 399.861,97 €.

Segundo. Establecer a lista de reserva que se recolle no anexo II, de acordo co artigo 18.2 e coa orde de prelación establecida no artigo 16.7.

Terceiro. Denegar a axuda ás asociacións e grupos informais de mozas e mozos recollidas no anexo III, por non acadar o proxecto presentado a puntuación mínima de 50 puntos exixida no artigo 17.

Cuarto. Denegar a axuda ás asociacións recollidas no anexo IV, polo incumprimento dos requisitos sinalados nos artigos 5 e 6.

Quinto. Inadmitir a trámite as solicitudes das asociacións e grupos informais de mozas e mozos recollidas no anexo V, con indicación da causa concreta que motiva a inadmisión.

Sexto. De conformidade co artigo 19.3, as entidades ou grupos beneficiarios disporán dun prazo de dez días, desde a publicación da resolución de concesión, para realizar algún dos seguintes trámites mediante a presentación do anexo V:

a) Renunciar á subvención concedida se, por calquera circunstancia, non pode realizar o proxecto subvencionado, tendo en conta o establecido no artigo 5.4.

b) Solicitar o anticipo previsto no artigo 26.2. Para iso deberá presentar, ademais:

1º. O anexo X debidamente cuberto. No caso dos grupos informais, todas as persoas que o compoñen deberán ser titulares da conta bancaria e asinar este anexo.

2º. Os certificados de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social e no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma, só no caso de que se tiveren oposto expresamente á súa consulta automática no trámite de solicitude.

3º. O certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria, só no caso de que non tiveren dado o consentimento expreso para realizar a consulta no trámite de solicitude.

Transcorrido o prazo de dez días, non se admitirán máis solicitudes de anticipo.

Sétimo. A data límite para presentar a xustificación da subvención é o 15 de outubro de 2022.

Xustificarase a totalidade do proxecto subvencionado, para o cal deberá achegarse a documentación relacionada no artigo 20.

Oitavo. A presente resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpor potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Esta resolución tamén poderá ser impugnada directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza, o órgano contencioso administrativo competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Noveno. A publicación desta resolución producirá os efectos de notificación, nos termos establecidos no artigo 12 da orde de convocatoria e no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2022

A conselleira de Política Social e Xuventude
P.D. (Artigo 19 da Orde do 28.4.2022)
Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO I

Axudas concedidas

Orde de prelación

Expediente

Solicitante

Representante do grupo informal

NIF

Puntos

Importe concedido

1

2022/009

Asociación Colectivo Espazo 16

G94155298

90

5.000,00 €

2

2022/081

Asociación Recreativa e Cultural Marexada

G36980605

90

5.000,00 €

3

2022/059

Grupo Informal Espazo Carrilano

María Alonso Rodríguez

***3340**

87,5

5.000,00 €

4

2022/005

Asociación Esgaia Inserta

G16918641

85

5.000,00 €

5

2022/007

Asociación Cultural Rebulir

G32378960

85

4.980,00 €

6

2022/076

Asociación Xuvenil Centro Xuvenil Don Bosco

G15071566

85

5.000,00 €

7

2022/095

Asociación Sustinea

G32422834

85

5.000,00 €

8

2022/051

Asociación Xeración

G70385091

85

5.000,00 €

9

2022/013

Asociación Íntegro Bergantiños

G15173263

85

5.000,00 €

10

2022/033

Asociación Cultural Jóvenes Científicos y Emprendedores Atlantic

G32407611

82,5

5.000,00 €

11

2022/062

Asociación Simbiose

G70592985

80

3.496,00 €

12

2022/040

Asociación Prevención e Educación Social APES

G32383549

80

3.724,17 €

13

2022/020

Federación de Escuelas Familiares Agrarias

G15299357

80

4.985,00 €

14

2022/106

Grupo Informal LZU Producciones

Gabriel Varela Vales

***0869**

77,5

4.993,50 €

15

2022/092

Asociación Amigos da Terra

G32242422

77,5

5.000,00 €

16

2022/030

Asociación Musical Cultura Tirante

G94081809

77,5

5.000,00 €

17

2022/061

Asociación Xuvemprende

G32469694

77,5

5.000,00 €

18

2022/068

Cruz Vermella Xuventude - Cruz Vermella Española

Q2866001G

77,5

5.000,00 €

19

2022/088

Grupo Informal Implícate

Andrea Piñeiro Puente

***9362**

77,5

5.000,00 €

20

2022/089

Asociación Sueste

G36472306

77,5

4.303,25 €

21

2022/034

Grupo Informal Bishaan Prevention

Álvaro Fernández Theotonio

***0802**

77,5

5.000,00 €

22

2022/060

Grupo Informal Acousa

Beatriz Gutiérrez Caneda

***3112**

77,5

5.000,00 €

23

2022/080

Asociación Cultural, Deportiva e Xuvenil de Ser

G70300736

77,5

5.000,00 €

24

2022/070

Asociación Ourensana de Esclerosis Múltiple, ELA, Párkinson y Otras Enfermedades Neurodegenerativas (AODEM)

G32209983

77,5

4.393,05 €

25

2022/004

Federación ASDE Scouts Galicia

G70305008

75

5.000,00 €

26

2022/082

Grupo Informal Lubas

Laura Docampo López

***7679**

75

1.790,00 €

27

2022/091

Grupo Informal Ceibarimas

Margarida Rodríguez Tilve

***9072**

75

5.000,00 €

28

2022/019

Asociación Escuela Familiar Agraria Fonteboa de Coristanco

G15059876

75

4.980,00 €

29

2022/022

Asociación CIMO

G32010449

75

4.808,60 €

30

2022/104

Asociación Tir Na n’Og

G27383785

75

4.675,00 €

31

2022/049

Grupo Informal Smart Bancais

Pablo Ferrín Lorenzo

***7737**

75

4.949,00 €

32

2022/038

Down Pontevedra Xuntos

G36164887

75

5.000,00 €

33

2022/102

Asociación Cultural Xaquedrum

G27336353

75

5.000,00 €

34

2022/072

Asociación Cultural, Deportiva, Xuvenil Acuxuve

G70481221

72,5

5.000,00 €

35

2022/090

Asociación Cultural In Galicia

G70143342

72,5

5.000,00 €

36

2022/103

Asociación Ocionautas

G94114022

72,5

5.000,00 €

37

2022/057

Grupo Informal Diaprof

Guillermina Fernández Villar

***9936**

72,5

4.997,00 €

38

2022/058

Escuela Familiar Agraria EFA A Cancela

G36060341

72,5

5.000,00 €

39

2022/025

Escola de Tempo e Aire Libre Néboa

G15409063

72,5

3.977,00 €

40

2022/075

Club Montañeiros Celtas

G36637890

72,5

4.995,80 €

41

2022/029

Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela

R1500053B

72,5

5.000,00 €

42

2022/071

Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia

G15068091

70

2.424,25 €

43

2022/096

Asociación Xuvenil Arousa Moza

G94157963

70

5.000,00 €

44

2022/078

Grupo Informal The Line

Nicolás Hermida López

***4205**

70

5.000,00 €

45

2022/073

Asociación Limisi

G32302671

70

5.000,00 €

46

2022/021

Asociación Cultural, Social, Ecolóxica e Económica Os Tres Reinos

G32345274

70

5.000,00 €

47

2022/026

Solidariedade Internacional Galicia

G36833648

70

4.084,00 €

48

2022/052

Asociación Cultural e Xuvenil Muíños

G70218383

70

4.395,00 €

49

2022/010

ONG Mestura

G15940414

70

5.000,00 €

50

2022/094

Grupo Informal Grupo Xoven en Innovación no Rural

Yoselin Luzmila Chicasaca

***4312**

70

4.900,00 €

51

2022/069

Federación Galega de Bandas de Música Populares

G15110893

70

5.000,00 €

52

2022/037

Asociación de Pais e Alumnos Armando Cotarelo Valledor do CPI de Boimorto

G15433238

70

5.000,00 €

53

2022/045

Asociación Sociocultural ASCM

G15161573

70

4.968,05 €

54

2022/023

Asociación Érguete de Prevención e Educación

G36124279

70

5.000,00 €

55

2022/053

Asociación Altair

G27439124

70

3.532,00 €

56

2022/018

Federación Scouts de Galicia

R1500317A

67,5

3.637,31 €

57

2022/035

Asociación Acción Solidaria Galicia Asdegal

G27727593

67,5

4.680,00 €

58

2022/067

Asociación de Persoas con Discapacidade de Ourense (ADO)

G32410797

67,5

5.000,00 €

59

2022/001

Asociación Medioambiental Amabul

G15925209

67,5

5.000,00 €

60

2022/031

Asociación Cultural e Xuvenil Río Gallo de Cuntis

G36405769

67,5

5.000,00 €

61

2022/039

Arelas Asociación Familias Trans

G27820182

67,5

5.000,00 €

62

2022/042

Asociación Xuvenil Xuntanza Xuvenil

G36744951

67,5

5.000,00 €

63

2022/050

Asociación Xurés Xoven

G06813703

67,5

5.000,00 €

64

2022/054

Grupo Informal da Landra

María Jesús Otero Ogando

***3628**

67,5

4.981,32 €

65

2022/086

Asociación Grupo Scout ILEX

G32466187

67,5

5.000,00 €

66

2022/014

Asociación de Padres o Tutores de PCDI de Lugo ASPNAIS

G27018365

67,5

2.113,67 €

67

2022/028

Asociación Síndrome de Down Lugo

G27202043

67,5

5.000,00 €

68

2022/024

Grupo Informal TIAM GZ

Matías Ezequiel Zelarayán Velasco

***8271**

67,5

4.362,00 €

69

2022/044

Asociación Xuvenil Os Gaiteiros

G32270423

67,5

4.985,00 €

70

2022/015

Organización Juvenil Española

G28556728

67,5

4.987,00 €

71

2022/079

Asociación Síndrome de Down Compostela

G15587355

65

5.000,00 €

72

2022/074

Asociación Xuvenil Brigantium

G15404403

65

5.000,00 €

73

2022/046

Asociación Centro Xuvenil Abeiro

G15456700

65

4.000,00 €

74

2022/087

Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia

G15450828

65

4.900,00 €

75

2022/109

Asociación Síndrome de Down A Coruña

G15731466

62,5

5.000,00 €

76

2022/027

Cáritas Diocesana de Lugo

R2701016D

62,5

5.000,00 €

77

2022/105

Asociación Agrupación Musical do Rosal

G36027928

62,5

5.000,00 €

78

2022/083

Asociación Grupo Scouts Semente

G70283353

62,5

5.000,00 €

79

2022/065

Grupo Informal Monitorado Activo

Uxía González Martínez

***6367**

60

5.000,00 €

80

2022/084

Grupo Informal A butaca no eido

Rocío Gómez Couñago

***4378**

60

4.930,00 €

81

2022/032

Agrupación Folklórica Santiaguiños de Boimorto

G15223936

60

5.000,00 €

82

2022/006

Down Vigo

G36697324

60

5.000,00 €

83

2022/008

Asociación Pais e Amigos Escola de Régoa

G15051741

60

3.015,00 €

84

2022/048

Asociación Xuvenil Abertal

G36633394

60

3.930,00 €

85

2022/003

Asociación Xuvenil Amencer

G32025405

57,5

3.990,00 €

ANEXO II

Lista de reserva

Orde de prelación

Expediente

Solicitante

Representante do grupo informal

NIF

Puntos

Orzamento

1

2022/002

Aspas

G15031537

57,5

5.000,00 €

2

2022/036

Grupo Informal Xuventude en Acción Rural

Juan Sebastián Blanco López

***5752**

57,5

4.990,00 €

3

2022/055

Asociación Cultural e Xuvenil Ateibo

G27013309

57,5

5.000,00 €

4

2022/056

Asociación Cultural Banda de Música de Silleda

G36266682

55

4.925,00 €

5

2022/011

Asociación Cultural Merzabrass

G94012374

52,5

3.900,00 €

6

2022/097

Asociación Cultural Enlazados

G32471054

50

5.000,00 €

7

2022/100

Grupo Informal Organización para la Promoción de Debates Actuales e Intergeneracionales

Sara Garrido Gulías

***9023**

50

5.000,00 €

ANEXO III

Solicitudes denegadas por non acadar o proxecto
a puntuación mínima de 50 puntos

Expediente

Solicitante

NIF

Puntos

2022/041

Asociación Xuvenil Atlántica

G70563663

42,5

2022/077

Asociación de Movilidad Humana

G70464334

27,5

ANEXO IV

Solicitudes denegadas por incumprimento dos requisitos dos artigos 5 e 6

Expediente

Solicitante

Representante do grupo informal

NIF

Motivo

2022/012

Asociación Cultural Amigos Romaría da Saínza

G32474546

Non censada

2022/017

Asociación Cultural Social Deportiva Lúdica Ecolóxica da Muller de Inclusión do Rural Vive Vilariño

G32504508

Non censada

2022/043

Asociación de Estudantes de Intercambio de Compostela

G70521240

Non está ao día nas obrigas coa AEAT

2022/047

Grupo Informal Megaenredados

Alejandro Calviño López

***9069**

Un dos compoñentes non está ao día nas obrigas coa AEAT

2022/063

Asociación Xuvenil Imaxina e Axuda

G94192960

Non está ao día nas obrigas coa AEAT

2022/064

Grupo Informal Percal Lab

Noemí Parga Iglesias

***9553**

Un dos compoñentes non está ao día nas obrigas coa AEAT

2022/066

IEEE Uvigo

G27876929

Non censada

2022/085

Grupo Informal Agolada quere música

Marta Galego Cagide

***0387**

Un dos compoñentes non está ao día nas obrigas coa AEAT e coa Seguridade Social

2022/093

Asociación Feminismos e Tempo Libre

G10806560

Non censada

2022/101

Asociación Deportiva Cultural Capoeira Angola

G70238746

Non está ao día nas obrigas coa AEAT

2022/107

Asociación de Acción Social, Educativa, Permt. y de Servicios a la Juventud Mujer Tempus

G15681000

Non se axusta á finalidade das axudas (artigo 6.7)

2022/110

Grupo Informal Prisma Lila

Priscila Tamara Retamozo Ramos

***2742**

Un dos compoñentes non está ao día nas obrigas coa AEAT

ANEXO V

Solicitudes non admitidas a trámite

Expediente

Solicitante

Representante do grupo informal

NIF

Causa

2022/016

Club Fluvial de Monforte

G27008846

Non censada e sen proxecto

2022/098

Grupo Informal Kentada

Andrea Otero Vázquez

***4248**

Sen proxecto

2022/099

Grupo Informal Novas Xeracións

Sandra de Bernardo Eimil

***9033**

Sen proxecto

2022/108

Asociación Erasmus Venturers

G09792508

Sen proxecto