Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Venres, 19 de agosto de 2022 Páx. 44673

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 3 de agosto de 2022 pola que se fai pública a resolución do procedemento para a declaración de abandono da embarcación Inishmann, varada no porto de Fisterra (A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 44, 45 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por resultar descoñecida a identidade do posible propietario ou interesado na embarcación e dun domicilio onde efectuar as notificacións, faise pública mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) a resolución do procedemento para a declaración de abandono do barco de nome Inishmann, veleiro que se atopa varado no porto de Fisterra desde outubro de 2018.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

A embarcación en cuestión, que carece de actividade e non ten ningún mantemento, amarrou no porto de Fisterra en setembro de 2018 sen autorización e sen que se tivese ningunha noticia dos seus propietarios que abandonaron a embarcación no porto, sendo precisa a súa varada en outubro de 2018 por causa do mal tempo; atópase no mesmo lugar desde esa data, sen que se presentase ningunha persoa física ou xurídica que acreditase ter dereitos sobre a embarcación para interesarse por ela.

A presente resolución emítese con base no establecido no artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, unha vez que no BOE núm. 169, do 15 de xullo de 2022, se fai público o acordo de iniciación, e dentro do prazo concedido no trámite de audiencia nin o suposto propietario nin ningunha outra persoa física ou xurídica que acreditase dereitos e/ou intereses lexítimos sobre a embarcación formulase alegacións ou comparecese no procedemento.

De acordo coa normativa que se cita, e a través dos medios previstos na Lei 5/2011, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 203, do 24 de outubro), Portos de Galicia vai proceder á venda do buque, e de resultar esta falida, ao seu despezamento e traslado a vertedoiro autorizado.

Todos os custos de tramitación ou que xeren as actuacións para realizar sobre o buque en función do que resulte do exame sobre o seu estado e da súa peritaxe, serán por conta do propietario.

A presente resolución emítese polo presidente de Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.3, letras a) e l), da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa e é executiva, poderase interpor recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela que corresponda.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2022

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia