Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 18 de agosto de 2022 Páx. 44401

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Salvaterra de Miño (expediente IN407A 2021/238-4).

Expediente: IN407A 2021/238-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: ampliación de potencia do CT Queimadina.

Concello: Salvaterra de Miño.

Feitos:

Primeiro. O 13 de outubro de 2021, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación Ampliación de potencia do CT Queimadina.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que consiste no aumento de potencia de 250 kVA a 400 kVA do centro de transformación Queimadina (36CGL8). As instalacións están previstas na parroquia de Lira, no concello de Salvaterra de Miño (Pontevedra).

Segundo. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Salvaterra de Miño, a Deputación Provincial de Pontevedra e a Demarcación de Estradas do Estado.

A Deputación Provincial de Pontevedra emitiu un informe desfavorable por considerar que existen alternativas tecnicamente viables para o trazado da liña subterránea que afectan en menor medida a rede de estradas provinciais, polo que se pode localizar o trazado da liña subterránea fóra da zona de afección da rede complementaria de estradas.

Os demais organismos afectados non emitiron condicionados técnicos. En consecuencia, enténdese a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.

Terceiro. Esta xefatura trasladoulle á empresa promotora o informe da Deputación Provincial de Pontevedra conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro. O 22 de decembro de 2021, UFD presentou un escrito de contestación no que afirma que a potencia requirida polo cliente obriga a que a liña eléctrica saia directamente desde o centro de transformación.

Cuarto. A pesar de que o informe da Deputación Provincial de Pontevedra fai referencia á liña eléctrica subterránea de baixa tensión que non é obxecto de autorización administrativa previa e de construción, o 24 de decembro de 2021 esta xefatura territorial solicitoulle un novo informe á Deputación Provincial de Pontevedra, que foi reiterado o 8 de xuño de 2022, escritos en que se recalcaba que, de non contestar, se entendería a conformidade coas especificacións técnicas propostas.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo de 2022), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

Segunda. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

Terceira. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

Aumento da potencia do centro de transformación Queimadina (36CGL8) substituíndo o bloque compacto de 250 kVA por un bloque compacto manobra exterior 2L1P con telexestión BT de 400 kVA.

As instalacións están localizadas no lugar de Couto, na parroquia de Lira, no concello de Salvaterra de Miño (Pontevedra).

Conforme con todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar a UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada Ampliación de potencia do CT Queimadina (expediente IN407A 2021/238-4), cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segundo. UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. Deberanse cumprir sempre as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Terceiro. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 22 de xullo de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra