Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 17 de agosto de 2022 Páx. 44122

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2022 pola que se dá publicidade dun encargo a medio propio realizado á empresa pública Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) para a execución da obra de reforma da zona de Consultas Externas do Hospital Comarcal de Valdeorras (Ourense).

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de setembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, e o artigo 16 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, dáse publicidade da Resolución do conselleiro de Sanidade e presidente do Servizo Galego de Saúde, do 19 de xullo de 2022, pola que se encarga á empresa pública Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), como medio propio personificado, a execución da obra de reforma da zona de Consultas Externas do Hospital Comarcal de Valdeorras (Ourense).

– Actividades:

Constitúe o obxecto do encargo a execución da obra de reforma da zona de consultas externas do Hospital Comarcal de Valdeorras de conformidade coas condicións construtivas establecidas nas memorias descritiva e construtiva do proxecto modificado e coas condicións económicas establecidas no orzamento xustificado presentado por Tragsa, consistentes en:

1. Instalación dun novo ascensor-montacamas.

2. Dotación de sistema de quenda.

3. Mellora de confort térmico na Área de Rehabilitación-Espera de RM.

4. Reforma e actualización da Área de Consultas Externas.

– Natureza e alcance:

Encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Financiamento:

Para a realización dos traballos obxecto deste encargo o Servizo Galego de Saúde destinará, como máximo, a cantidade de 649.907,57 € de conformidade co orzamento xustificado presentado pola empresa Tragsa, e con cargo á aplicación orzamentaria 5001 412A 621.1 –código de proxecto 202000006– dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2022 e 2023.

– Prazo de vixencia:

O encargo terá unha duración de doce (12) meses a partir da súa aprobación.

A empresa Tragsa está obrigada ao cumprimento do prazo fixado para o encargo.

Poderán ser acordadas as prórrogas do prazo de execución que sexan necesarias sempre e cando estean xustificadas as causas do atraso e sen que supoñan en ningún caso incremento do importe total do encargo.

Tamén poderán ser acordadas suspensións parciais ou totais polo prazo que, debidamente xustificado, non sexa posible a execución normal dos traballos. En todo caso, unha vez desaparezan as causas que provocaron o acordo de suspensión, continuarase coa execución logo de sinatura da correspondente acta.

Se se producise demora no cumprimento dos prazos por causas non imputables a Tragsa, o Servizo Galego de Saúde poderá, de oficio ou a pedimento desta, conceder a prórroga por un tempo igual ao tempo perdido, agás que Tragsa solicite outro menor.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2022

Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade