Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 12 de agosto de 2022 Páx. 44076

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Marín

ANUNCIO de aprobación inicial e sometemento a información pública da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal (expediente 2021/UR420-002).

Considerando o Acordo plenario do 14 de xullo de 2022, polo cal se aprobou o ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Facenda e Persoal en relación coa aprobación inicial e o sometemento a información pública da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal de Marín para cambio da ordenanza: usos e edificacións existentes (expediente 2021/UR420-002), respecto ás parcelas con referencia catastral (nas cales se suspenderá o outorgamento de licenzas, durante un prazo máximo de dous anos, que poidan resultar incompatibles coas determinacións deste, artigo 86.2 RLSG):

36026A003060010001BH.

36026A003060010000LG.

En cumprimento do disposto no artigo 144.6 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (RLSG) (DOG do 9 de novembro), mediante este anuncio publícase o citado acordo polo prazo de dous meses no DOG e nun dos xornais de maior difusión da provincia de Pontevedra, para que as persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e as reclamacións que xulguen convenientes.

A documentación sometida a exposición pública abranguerá todos os documentos integrantes do expediente tramitado, incluídos un resumo executivo, o estudo ambiental estratéxico e un resumo non técnico do estudo ambiental estratéxico (artigo 60.6 da LSG), e estará ao dispor dos interesados nas dependencias do Servizo de Urbanismo, na casa do concello, sita na avenida de Ourense, s/n (36900 Marín) en horario de oficina, das 9.00 ás 14.00 horas.

Marín, 22 de xullo de 2022

María Ramallo Vázquez
Alcaldesa