Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 12 de agosto de 2022 Páx. 44075

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do estudo de detalle para a ampliación de volumes edificatorios na estrada Baños de Arteixo, 34, polígono industrial A Grela-Bens (expediente 631/2022/201).

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 3 de agosto de 2022, acordou aprobar inicialmente o documento denominado estudio de detalle para a ampliación de volúmes edificatorios na estrada Baños de Arteixo, 34, polígono industrial A Grela-Bens (A Coruña) Xullo de 2022, promovido por Showa Denko Carbón Spain, S.A. e redactado polo enxeñeiro de camiños, canais e portos Fernando Costa González e polo enxeñeiro industrial Alberto Castro Martínez.

En cumprimento do artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigos 194.2 e 207 do seu regulamento, sométese o expediente a información pública polo prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o estudo de detalle e formular as alegacións que procedan.

A documentación estará á disposición no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello, na epígrafe de Información urbanística, na páxina web de Urbanismo e no visor Desenvolvemento do planeamento. Tamén se poderá consultar fisicamente nas dependencias da Área de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade do Concello da Coruña (praza de Indalecio Prieto, 1-3), das 9.00 ás 13.00 horas, logo de cita que se solicitará por escrito no Rexistro Municipal ou dirixíndose a registrourbanismo@coruna.es

A Coruña, 4 de agosto de 2022

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3847/2019, do 27 de xuño)
María Hernández García
Directora da Área de Urbanismo