Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 11 de agosto de 2022 Páx. 43729

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tui

ANUNCIO de aprobación de cambio de uso das parcelas situadas na avenida de Portugal 74D, equipamento de sistemas xerais EQ-210, polo uso como servizo público.

O Pleno do Concello de Tui, na sesión ordinaria do día 30 de xuño de 2022 adoptou, entre outros, o seguinte acordo, ao abeiro do disposto no artigo 42.5 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia:

Primeiro e único. Acordar o cambio de uso das parcelas situadas na avenida de Portugal 74D, con referencia catastral 9244020NH2594S0001BG e 9244034NH2594S0001RG, equipamento de sistemas xerais EQ-210, polo uso como servizo público, mantendo a titularidade pública e sen necesidade de seguir o procedemento de modificación do plan previsto na lexislación vixente, nos termos e co alcance dispostos no informe técnico do 18.5.2020, emitido polo arquitecto municipal e que propón: «Unha vez que teña efectos o acordo plenario, respecto ao cambio de usos, as parcelas obxecto do presente informe poderán aloxar nelas usos (non limitativos) establecidos no PXOM como servizo público».

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Tui, 19 de xullo de 2022

Enrique Cabaleiro González
Alcalde