Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 11 de agosto de 2022 Páx. 43728

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de información pública do texto inicial do convenio urbanístico de planeamento para a ordenación urbanística dos sectores de solo urbanizable números 11, 14 e 27 do Plan xeral de ordenación municipal.

Unha vez negociado e subscrito coa Sociedad de Gestión de Activos Procedentes de la Reestructuración Bancaria, Sociedad Anónima (SAREB) o texto inicial do convenio urbanístico de planeamento para a ordenación urbanística dos sectores de solo urbanizable números 11, 14 e 27 do Plan xeral de ordenación municipal de Sanxenxo, de conformidade co disposto no artigo 168 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de máis ampla difusión da provincia.

Durante o dito prazo, a proposta do convenio urbanístico poderá ser examinada por calquera interesado nas dependencias municipais do Servizo de Urbanismo, logo de cita no teléfono 986 72 00 75. Así mesmo, estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello (http://concellodesanxenxo.sedelectronica.gal).

Sanxenxo, 20 de xullo de 2022

Telmo Martín González
Alcalde presidente