Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 10 de agosto de 2022 Páx. 43441

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Arteixo (expediente IN407A 2022/32-1).

Expediente: IN407A 2022/32-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: punto de entroncamento LMTA avenida Fisterra, 257.

Situación: concello de Arteixo.

Feitos:

1. O día 4.2.2022 Ana María Salgado López, en nome e representación de UFD Distribución Electricidad, S.A., solicita ante esta xefatura territorial a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das instalacións do proxecto de execución denominado punto de entroncamento LMTA avenida Fisterra, 257, coa finalidade de atender a petición de ampliación de potencia en media tensión para a planta de prefabricados de formigón Áridos Coruña, no lugar do Pedregal, concello de Arteixo; proxéctase un punto de entroncamento na liña de distribución de media tensión LMT Lareira707 (Lamas 7) para poder facer a derivación ao centro de transformación particular (15PW53) na nova localización prevista, instalando unha nova liña de media tensión aérea en substitución da existente.

Achegan o proxecto que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000 que abrangue os seguintes documentos:

• Proxecto de execución denominado punto de entroncamento LMTA avenida Fisterra, 257, asinado por Susana Casais Pérez, enxeñeira técnica industrial, nº colexiada 2033 da Coruña, o 27.9.2021.

• Anexo, asinado por Javier Fernández Mitre, enxeñeiro industrial, nº colexiado 15.670 de Madrid, o 30.5.2022.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económia de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte os artigos 127.1 e 127.2 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas dunha separata do proxecto, na parte en que a instalación puidese prexudicar bens e dereitos ao seu cargo, contendo as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Solicitóuselle o preceptivo informe ao Concello de Arteixo e a Augas de Galicia. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos.

4. No expediente consta un informe dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, no Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

2. A lexislación que se aplica neste expediente é a que de seguido se relaciona:

– A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instruccións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As instalacións atópanse no lugar do Pedregal, no concello de Arteixo, e as súas características técnicas son as seguintes:

– Actuación nº 1: substitución de tramo existente LMTA LAR707 (Lamas 7), a 15 kV de 225 m, coa orixe no apoio A8U6JQ36//67 existente para substituír, condutor tipo LA-180 mm2 e final no apoio A90897NP//69 existente para substituír. Instalación no apoio A8U6JQ36//67 para substituír de seccionador SXS e cruceta de derivación. Substitución do apoio A8VAPBRE//68, instalando seccionador SXS, que será o punto de entroncamento designado para realizar no futuro a nova derivación particular prevista ao CT 15PW53 de Áridos Coruña.

– Actuación nº 2: retensado tramo LMTA LAR707 (Lamas 7), a 15 kV de 14 m, coa orixe no apoio A8U6JQ36//67 para substituír, condutor tipo LA-30 mm2 existente e final no apoio A8UKR62P//67-A-1 existente.

– Actuación nº 3: retensado tramo LMTA LAR707 (Lamas 7), a 15 kV de 77 m, coa orixe no apoio A8U6JQ36//67 para substituír, condutor tipo LA-56 mm2 e final no apoio A8SNNJMIR//67-B-1 existente.

– Retensado tramo existente LMTA LAR707 (Lamas 7), a 15 kV de 74 m, coa orixe no apoio A90897NP//69 existente para substituír, condutor tipo LA-180 mm2 e final no apoio A91RM7AW existente.

– Retirada do servizo do tramo existente de derivación particular a CT Prephorbisa (15PW30), a 15 kV coa orixe no apoio A8VAPBRE//68 existente para substituír e final no apoio 68-1 existente.

4. O proxecto foi informado positivamente por técnico facultativo o 2 de xullo de 2022.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

I. As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

II. Un certificado do/da director/a da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 12 de xullo de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña