Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 10 de agosto de 2022 Páx. 43445

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica (expediente-e IN407A 2021/124-1).

Expediente-e: IN407A 2021/124-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTS nova alimentación CT Suevos (15CW03).

Concello: Arteixo.

Feitos.

1. O 29 de xuño de 2021, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica, co fin de actualizar a liña de distribución de media tensión denominada LMT SBN-702B, situada en Suevos, no concello de Arteixo. Proxéctase o desmantelamento dun tramo de liña, a construción dun novo tramo soterrado e a substitución do centro de transformación existente CT Suevos (15CW03).

Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que abrangue os seguintes documentos:

– Proxecto de execución denominado LMTS nova alimentación CT Suevos (15CW03), asinado por Victoriano Gónzalez Lemos, enxeñeiro técnico industrial, número de colexiado 2980 de Vigo, o 8 de xuño de 2021, con número de visado declaración de responsable do 8 de xuño de 2021.

– Informe asinado por Victoriano Gónzalez Lemos, enxeñeiro técnico industrial, número de colexiado 2980 de Vigo, o 1 de xuño de 2022.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

En cumprimento do artigo 46.e) da dita lei, o solicitante declara que o proxecto non afecta novos bens e dereitos de propiedade particular.

3. Consonte os artigos 127.1 e 127.2 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas dunha separata do proxecto, na parte en que a instalación poida prexudicar bens e dereitos ao seu cargo. Contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Solicitóuselles o preceptivo informe ao Concello de Arteixo, á Dirección Xeral do Patrimonio, á Deputación Provincial da Coruña e ao Ministerio de Fomento (Demarcación de Estradas en Galicia).

A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4. Os servizos técnicos da Xefatura Territorial emitiron informe sobre a dita solicitude o 22 de xuño de 2022.

Consideracións legais e técnicas.

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e o Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

2. A lexislación que se vai aplicar neste expediente é a que a seguir se relaciona:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instruccións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

As instalacións están en Suevos, no concello de Arteixo, e as súas características técnicas son as seguintes:

– LMTS, a 15 kV, cunha lonxitude de 1.071 m, coa orixe nun PA/S en apoio C-4500/20 existente con matrícula AB2CDRES//20, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al, e final no centro de transformación proxectado. Desmontaxe do tramo de liña da LMT SBN702 B comprendida entre o apoio AB7 MPG77//55 existente e o CT Suevos (15 CW03) existente. Retiraranse 456 metros de condutor LA-56, así como 3 apoios de madeira, 3 apoios de formigón e un apoio metálico existente. Instalación dun interruptor telecontrolado no apoio AB2CDRES//20 da LMTA SBN702B.

– Novo CT Suevos prefabricado, de 250 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400 V e configuración 2L1P. Desmontaxe do CT Suevos (exped. 24769, 15CW03) existente.

4. O 22 de xuño de 2022 os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construcción da dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

I. As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

II. Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e o medio ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 12 de xullo de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña