Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 10 de agosto de 2022 Páx. 43315

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 29 de xullo de 2022 pola que se modifica a composición do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela.

Mediante a Resolución do 14 de xuño de 2021, fíxose pública a composición dos consellos sociais das universidades do Sistema universitario de Galicia.

A Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, establece que o Consello Social estará integrado por un máximo de trinta e unha persoas membros.

O artigo 77.2 da citada Lei 6/2013 establece que son membros natos do Consello Social o/a reitor/a da universidade, o/a secretario/a xeral e o/a xerente da universidade.

Son membros natos do Consello Social o reitor ou a reitora da universidade, o secretario ou a secretaria xeral e o xerente ou a xerente da universidade.

Así mesmo, serán persoas membros do Consello Social un profesor ou unha profesora, un ou unha estudante e un ou unha representante do persoal de administración e servizos, elixidos e elixidas polo Consello de Goberno da universidade de entre os seus membros na forma que determinen os seus estatutos. A duración do mandato dos membros do Consello Social sinalados neste punto será establecida polos estatutos da universidade.

A condición de persoa membro do Consello Social adquírese unha vez cumpridos os requisitos de designación, nomeamento e publicación no Diario Oficial de Galicia, e produce efectos a partir desa data.

Con data do 27 de xullo de 2022, o presidente do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela comunica a designación de Francisco José Fraga López como representante do profesorado, Minia García Angulo como representante de persoal de administración e servizos e Manuel Veiga Cainzos como representante do estudantado no Consello Social da Universidade.

O artigo 77.4 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, establece que os acordos de designación de membros do Consello Social lle serán comunicados á persoa titular da consellería competente en materia de universidades, quen procederá ao seu nomeamento mediante orde da súa consellería.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo 1

Nomear representante do profesorado no Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela a Francisco José Fraga López en substitución de Montserrat Valcárcel Armesto.

Artigo 2

Nomear representante do persoal de administración e servizos no Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela a Minia García Angulo en substitución de Fernando Sedano Arnáez.

Artigo 3

Nomear representante do estudantado no Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela a Manuel Veiga Cainzos en substitución de Inmaculada Alonso Rodríguez.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades