Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Martes, 9 de agosto de 2022 Páx. 43243

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Dumbría (expediente-e IN407A 2022/108-1).

Expediente-e: IN407A 2022/108-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: ampliación de potencia CT Dumbría III (15XA23).

Concello: Dumbría.

Feitos.

1. O día 31 de marzo de 2022, Ana María Salgado López, en nome e representación de UFD Distribución Electricidad, S.A., solicita ante esta xefatura territorial a autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción das instalacións do proxecto de execución denominado ampliación de potencia do CT Dumbría III (15XA23), co fin de ampliar a potencia do centro de transformación tipo intemperie denominado Dumbría III (15XA23, expediente de Industria 51028), localizado no lugar da Xesteira, no concello de Dumbría; por mor da carga que actualmente soporta, proxéctase a ampliación de potencia de 50 kVA a 100 kVA do centro de transformación localizado no apoio existente, alimentado na actualidade pola liña de distribución de media tensión POT-806 a 20 kV procedente da subestación Pontella.

2. Entregan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, conforme establece o artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que comprende os seguintes documentos:

– Proxecto de execución denominado ampliación de potencia CT Dumbría III (15XA23), asinado por Victoriano, Gónzalez Lemos, enxeñeiro técnico industrial, nº colexiado 2980 de Vigo, o 14.3.2022.

– Anexo, asinado por Javier, Fernández Mitre, enxeñeiro industrial, nº colexiado 15.670 de Madrid, o 7.6.2022.

3. O/os proxectista/s realizan declaración responsable, segundo o establecido no número 1.b) do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e a Resolución do 19 de febreiro de 2014 da Consellería de Economía e Industria (DOG do 19 de marzo).

4. Consonte o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, esta instalación está exenta do trámite de información pública.

En cumprimento do artigo 46.e) da dita lei, o solicitante declara que o proxecto non afecta novos bens e dereitos de propiedade particular.

5. De acordo co establecido no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, dunha separata do proxecto na parte que a instalación podía afectar bens e dereitos ao seu cargo, coas características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. UFD Distribución Electricidad, S.A. presentou separata para o seguinte organismo: Concello de Dumbría.

Non consta no expediente, actualmente, contestación do organismo á solicitude de condicionado nin á reiteración.

6. Os servizos técnicos da Xefatura Territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas.

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, no Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

2. A lexislación que se aplicará neste expediente é a que a seguir se relaciona:

A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instruccións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

As instalacións están no lugar de Xesteira, no concello de Dumbría, e as súas características técnicas son as seguintes:

– Novo trazado no CTI Dumbría III (15XA23, expediente de Industria 51028) de 100 kVA, substituíndo ao 50 kVA existente, relación de transformación 20.000/400 V alimentado na actualidade pola LMT POT-806 a 20 kV procedente da subestación Pontella. As instalacións proxectadas inclúen o cambio de toda a paramenta MT e BT, así como a instalación da máquina de 100 kVA no apoio existente FL-HV 1000/9 (ABQ2JIA1//46-43-4-1 CT).

– Retensado LMTA a 20 kV, de 28 m, condutor tipo LA-30 Al, con orixe no apoio tipo celosía 14 m (ABPLKN84//46-43-4) existente da LMT POT-806 e remate no apoio existente tipo FL-HV 1000/9 (Mat. ABQ2JIA1//46-43-4-1 CT).

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

1. Concederlle a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada deberá achegar, ante esta xefatura territorial, unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

I. As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

II. Un certificado do/da director/a da montaxe, no cal se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada, ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 1 de xullo de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña