Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Martes, 9 de agosto de 2022 Páx. 43251

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Fene (expediente-e IN407A 2021/217-1).

Expediente-e: IN407A 2021/217-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: cambio de sección LMT ASN-705 entre CT 15CEL2 e CT 15CJ22.

Situación: concello de Fene.

Feitos:

1. O día 9 de novembro de 2021 Ana María Salgado López, en nome e representación de UFD Distribución Electricidad, S.A., solicita ante esta xefatura territorial a autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción das instalacións do proxecto de execución denominado cambio de sección LMT ASN-705 entre CT 15CEL2 e CT 15CJ22, coa finalidade de reforzar a capacidade de transporte da liña de distribución LMT ASN-705 no tramo na zona da rúa Río Cávado, concello de Fene, proxéctase a substitución do condutor entre os centros de transformación CT W.S Valentín 2 Perlio (15CJ22) e CT Chancas (15CEL2), aumentando a súa sección.

Achegan o proxecto que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000 que abrangue os seguintes documentos:

• Proxecto de execución denominado cambio de sección LMT ASN-705 entre CT 15CEL2 e CT 15CJ22, asinado por Victoriano Gónzalez Lemos, enxeñeiro técnico industrial, número de colexiado 2980 de Vigo, o 7.9.2021 con número de visado 22101476 do 8.9.2021.

• Informe, asinado por Victoriano Gónzalez Lemos, enxeñeiro técnico industrial, número de colexiado 2980 de Vigo, o 27.4.2022.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte os artigos 127.1 e 127.2 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas dunha separata do proxecto, na parte na que a instalación puidera prexudicar a bens e dereitos ao seu cargo, contendo as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Solicitóuselles o preceptivo informe ao Concello de Fene, Augas de Galicia, Servizo de Patrimonio Cultural-A Coruña e AXI. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos por AXI, o Concello de Fene e o Servizo do Patrimonio Cultural da Coruña.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, no Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

2. A lexislación para aplicar neste expediente é a que deseguido se relaciona:

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

• Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As instalacións atópanse na rúa Río Cávado, no concello de Fene e as súas características técnicas son as seguintes:

LMTS (cambio de condutor) a 15 kV, de 206 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm² Al, con orixe no CT W.S Valentín 2 Perlio (15CJ22) existente da LMT ASN-705, e remate CT Chancas (15CEL2) existente. Desmontaxe da liña soterrada existente de 201 metros e condutor RHV 3×95.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

I. As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

II. Un certificado do/a director/a da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo á lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que considere axeitado.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 5 de xullo de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña