Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 8 de agosto de 2022 Páx. 43051

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ames (expediente-e IN407A 2020/191-1).

Expediente-e: IN407A 2020/191-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTS rúa Pedregal-avenida da Mahía, s/n.

Concello: Ames.

Feitos:

1. O 1 de decembro de 2020, Ana María Salgado López, en nome e representación de UFD Distribución Electricidad, S.A., solicita ante a Xefatura Territorial a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das instalacións do proxecto de execución denominado LMTS CS rúa Pedregal-avenida da Mahía, s/n, coa finalidade de dotar de enerxía eléctrica un supermercado, na rúa Pedregal, concello de Ames; proxéctase a instalación dun centro de seccionamiento ao cal se conectará o centro de transformación de cliente e que enlazará as instalacións coa liña de distribución de media tensión SNT 833 por medio dunha nova liña de media tensión soterrada.

2. Entregan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, conforme establece o artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que comprende os seguintes documentos:

– Proxecto de execución denominado LMTS CS rúa Pedregal-avda. da Mahía, s/n.

3. Consonte o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, a presente instalación está exenta do trámite de información pública.

4. De acordo co establecido no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, dunha separata do proxecto na parte que a instalación poida afectar bens e dereitos ao seu cargo. Contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. UFD Distribución Electricidad, S.A. presentou separatas para os seguintes organismos: Concello de Ames e Augas de Galicia.

Non consta no expediente, no día de hoxe, contestación do organismo á solicitude de condicionado nin á reiteración.

5. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para resolver os procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e o Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

2. Lexislación de aplicación:

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As instalacións atópanse na rúa Pedregal, Bertamiráns, no concello de Ames, e as súas características técnicas son as seguintes:

– LMTS a 20 kV, de 90 m (E/S), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe e remate nos empalmes proxectados na apertura da liña LMTS SNT833 para realizar en PAR, entre o CT Travesía Pedregal, 20 (15CZB7) e o CT travesía Fontaldeiro, nº 2 (15cQH8).

– CS compacto prefabricado na rúa Pedregal, configuración 3L+1TM2TC (2 telecontroladas) e cela de trafo de tensión auxiliar, de manobra exterior baixo envolvente non prefabricada.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude, coa cal xuntará a seguinte documentación:

I. As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

II. Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 1 de xullo de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña