Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 8 de agosto de 2022 Páx. 43074

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 12 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos tramitados por esta entidade (expediente 2022/67/27 e dezaoito máis).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázanse, para seren notificadas das resolucións ditadas pola Xefatura Territorial nos expedientes administrativos instruídos, as persoas interesadas que a seguir se relacionan, conforme o disposto nos artigos 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, despois dos intentos de notificación realizados sen que fose posible efectuar as notificacións por causas non imputables á Administración ou por descoñecer o domicilio destas persoas interesadas.

Os expedientes atópanse á disposición das referidas persoas interesadas ou das persoas que as representen debidamente acreditadas, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social e Xuventude, rolda da Muralla 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para coñecer o contido íntegro das resolucións, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolles que, de non facelo, se darán por efectuadas as notificacións ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

As persoas interesadas, por si ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán interpor recurso contra as resolucións ditadas nos expedientes ante o Xulgado de Primeira Instancia de Lugo que por quenda corresponda, no prazo de dous (2) meses desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Lugo, 12 de xullo de 2022

O xefe territorial de Lugo
P.S. (Artigo 36.2.1.e) do Decreto 124/2022, do 23 de xuño)
María Isabel Vázquez Veiga
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Núm. expte.

Persoa interesada

Efectos xurídicos

Data da resolución

2022/67/27

16093356

Establecemento de medida administrativa

26.4.2022

2022/35/27

34263825N

Establecemento de medida administrativa

24.3.2022

2018/50/27

34309404M

Establecemento de medida administrativa

31.3.2022

2007/73/27

150095169

Cesamento de medida administrativa e arquivamento

3.1.2022

2021/138/27

54152521X,
32756608P

Modificación de medida administrativa

31.3.2022

2021/151/27

39456994B

Establecemento de medida administrativa

7.4.2022

2021/152/27

39456994B

Establecemento de medida administrativa

7.4.2022

2021/153/27

39456994B

Establecemento de medida administrativa

7.4.2022

2019/5/27

71655226Z

Cesamento de medida administrativa e arquivamento

8.4.2022

2019/01/27

33555256G

Traslado de expediente

13.4.2022

2019/02/27

33555256G

Traslado de expediente

13.4.2022

2022/20/27

33316952A

Improcedencia de medida administrativa e arquivamento

18.4.2022

2017/135/27

33827487F

Improcedencia de medida administrativa e arquivamento

19.4.2022

2021/80/27

35656422M,
33996919H,
35622153Y

Improcedencia de medida administrativa e arquivamento

10.11.2021

2008/261/27

X3529598H,
76581498P

Establecemento de medida administrativa

21.4.2022

2014/209/27

Estela Porto Carreira

Cesamento de medida administrativa e arquivamento

3.5.2022

2020/150/27

Carlos Sevillano Aparicio

Cesamento de medida administrativa e arquivamento

23.2.2022

2022/45/27

Ángela Santana

Establecemento de medida administrativa

18.3.2022

2022/46/27

Ángela Santana

Establecemento de medida administrativa

18.3.2022