Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 1 de agosto de 2022 Páx. 42272

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se someten a información pública o proxecto construtivo, o plan de restauración e o estudo de impacto ambiental do acrecentamento do depósito de lodos vermellos situado no termo municipal de Xove, na provincia de Lugo, promovido por Alúmina Española, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométense ao trámite de información pública o proxecto construtivo, o plan de restauración e o estudo de impacto ambiental do acrecentamento do depósito de lodos vermellos a cota 104, situado no termo municipal de Xove, na provincia de Lugo, de titularidade de Alúmina Española, S.A.

O que se fai público facendo constar que, durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de explotación, o plan de restauración e o estudo de impacto ambiental estarán ao dispor do público, para a súa consulta, no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo, e no portal web da dita consellería:

(https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras).

As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao xefe territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 15 de xullo de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo