Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 1 de agosto de 2022 Páx. 42270

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2022/50-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe, tal e como se recolle no proxecto asinado en Ourense polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado número 2233 do COETICOR, o día 9.5.2022, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na data sinalada.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A. (CIF A63222533).

Enderezo: A Batundeira, nº 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: reforma do tramo da LMTS VLL802 entre o CT 32S773 e o CT 32S776.

Situación: concello de Ourense.

Orzamento: 48.139,11 €.

Características técnicas:

– Reforma LMTS VLL802, a 20 kV, cambiando condutor actual, en mal estado, por RHZ1-2OL 12/20 kV, 3 (1×240 Al) nunha lonxitude de 410 m en nova canalización normalizada que se vai instalar, con orixe na cela de liña número 1, que se vai liberar, do Centro de Transformación (CT) Lagoas-3, 32S773 (expediente 1200 AT), e fin en cela de liña número 1 do CT Modesto Prada, 32C776 (expediente 1144 AT).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 7 de xullo de 2022

O xefe territorial de Ourense
P.S.L. (Decreto 116/2022, artigo 41.3)
José Luis Prada Suárez
Xefe do Servizo de Industria de Ourense