Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 1 de agosto de 2022 Páx. 42116

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

ORDE do 20 de xullo de 2022 pola que se dispón o nomeamento dun membro do Consello de Administración do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia.

A Lei 3/2004, do 7 de xuño, de creación do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, establece no seu artigo 7 o carácter e a constitución do seu consello de administración, do que forma parte como membro o/a seu/súa secretario/a, que actuará con voz pero sen voto, e correspóndelle á consellería competente en materia de pesca o seu nomeamento, de conformidade co disposto no citado precepto e no artigo 3 do Decreto 41/2005, do 17 de febreiro, do Regulamento do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,

DISPOÑO:

O nomeamento de Antonio Basanta Fernández como secretario do Consello de Administración do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2022

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar