Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 1 de agosto de 2022 Páx. 42232

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 18 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria, para o ano 2022, para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás organizacións de produtores pesqueiros do sector dos produtos da pesca e da acuicultura no ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, para a preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización correspondentes a 2021, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) (código de procedemento PE155C).

BDNS (Identif.): 641551.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións as organizacións de produtores pesqueiros do ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, inscritas no Rexistro de Organizacións de Produtores Pesqueiros e Asociacións de Organizacións de Produtores establecido no artigo 8 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño.

Segundo. Finalidade

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas destinadas á preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización das organizacións de produtores pesqueiros do ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo se establece na sección IV do capítulo II do Regulamento (UE) núm. 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2013, no artigo 66 do Regulamento (UE) 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014, e no artigo 15.5 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño.

Por outra banda, tamén é obxecto desta orde a convocatoria, para o ano 2022, das axudas aos plans de produción e comercialización do ano 2021.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 18 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria, para o ano 2022, para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás organizacións de produtores pesqueiros do sector dos produtos da pesca e da acuicultura no ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, para a preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización correspondentes a 2021, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) (código de procedemento PE155C).

Cuarto. Importe

Para o ano 2022, o importe total máximo das subvencións que se outorgarán será de 2.000.000,00 € e as axudas concederanse con cargo ás aplicacións orzamentarias 2022.15.02.723B.780.1 e 2022.15.02.723B.770.1, código de proxecto 2016 00326, que figuran dotadas no orzamento de gastos da Consellería do Mar para o ano 2022.

Aplicación orzamentaria

Organización

Importe

2022.15.02.723B.780.1

Sen ánimo de lucro

1.100.000,00 €

2022.15.02.723B.770.1

Con ánimo de lucro

900.000,00 €

Total

2.000.000,00 €

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que o último día sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2022

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar