Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Venres, 29 de xullo de 2022 Páx. 41757

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

EXTRACTO da Orde do 28 de xullo de 2022 mediante a que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas previstas polo Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022, destinadas a titulares de infraestruturas de uso público do medio natural dentro da Rede galega de espazos protexidos e reservas da biosfera afectadas polos incendios forestais, no ámbito da competencia desta consellería (código de procedemento administrativo MT100B).

BDNS (Identif.): 641532.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as entidades titulares de infraestruturas de uso público e de interpretación do medio natural que fosen afectadas pola vaga de incendios que se produciron en Galicia no mes de xullo de 2022:

a) Concellos.

b) Montes veciñais en man común.

Segundo. Obxecto

As subvenciones reguladas por estas bases teñen por obxecto o outorgamento de axudas específicas para sufragar os gastos derivados das actuacións que se leven a cabo para a reposición ou reparación das infraestruturas de uso público do medio natural dentro da Rede galega de espazos protexidos e reservas da biosfera, como consecuencia dos incendios que se produciron durante o mes de xullo do ano 2022 en Galicia (código de procedemento MT100B).

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria

Orde do 28 de xullo de 2022 mediante a que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas previstas polo Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022, destinadas a titulares de infraestruturas de uso público do medio natural dentro da Rede galega de espazos protexidos e reservas da biosfera afectadas polos incendios forestais, no ámbito da competencia desta consellería (código de procedemento administrativo MT100B).

Cuarto. Contía

O importe asignado é, para os montes veciñais en man común, de 200.000 euros e, para os concellos, de 350.000 euros.

Poderán ser obxecto das axudas previstas nesta orde as seguintes actuacións realizadas nas infraestruturas de uso público e de interpretación do medio natural que fosen afectadas pola vaga de incendios que se produciron en Galicia no mes de xullo de 2022:

a) A reposición ou reparación de elementos estruturais de sendas e rutas sinalizadas, incluíndo sinalización, miradoiros, varandas de madeira e tramos de pasarelas de madeira.

b) A reposición ou reparación das infraestruturas e instalacións de interpretación do medio natural, incluíndo carteis e outras instalacións de interpretación do medio natural.

c) A reposición ou reparación de elementos de áreas recreativas no medio natural.

Concederase o 100 % do seu custo subvencionable, cun importe máximo de 20.000 euros/proxecto.

Os montes veciñais en man común poderán presentar unha única actuación con encaixe nas letras 1.a), 1.b) ou 1.c) do artigo 4 desta orde. O límite máximo por monte veciñal en man común será de 20.000 euros.

Os concellos poderán realizar un máximo de dúas actuacións, con encaixe nas letras 1.a), 1.b) ou 1.c) do artigo 4 desta orde, e ambas poderán estar incluídas na mesma letra. O límite máximo por concello será de 20.000 euros por actuación, cun máximo total de 40.000 euros.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes de axuda será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2022

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda