Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 26 de xullo de 2022 Páx. 41321

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 6 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se lles notifican ás persoas solicitantes do dereito de asistencia xurídica gratuíta os requirimentos de documentación acordados pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta en Pontevedra no expediente PR204A 2022/4349-4 e tres máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, os requirimentos de documentación acordados pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada a súa publicación no taboleiro de editos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro dos requirimentos que se notifican, xunto co resto da documentación do expediente, encontrase á disposición da persoa interesada na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta en Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, 43, 9º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).

O requirimento suspende o prazo para ditar a resolución sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta polo tempo que medie entre aquel e o seu efectivo cumprimento por parte da persoa destinataria ou, de non cumprilo, polo transcurso do prazo recollido no requirimento para cumprilo.

O prazo do que dispón a persoa solicitante do dereito para achegar a documentación requirida é de 10 días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido dito prazo, a Comisión ditará resolución que poderá ser de denegación do recoñecemento do dereito por non xustificar o solicitante, como é a súa obriga, que reúne os requisitos previstos na lei.

Pontevedra, 6 de xullo de 2022

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

DNI/NIE/pasaporte

PR204A 2022/4349-4

AX327045 (pasaporte)

PR204A 2022/3962-4

XDB214188 (pasaporte)

PR204A 2022/4230-4

44083924P

PR204A 2022/3710-4

36002311C