Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 26 de xullo de 2022 Páx. 41300

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2022 pola que se integra un funcionario do corpo de profesores titulares de escola universitaria no corpo de profesores titulares de universidade.

A Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, pola que se modifica a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (LOU), establece na súa disposición adicional segunda que os funcionarios e as funcionarias do corpo de profesores titulares de escola universitaria que no momento da súa entrada en vigor posúan o título de doutor ou o obteñan posteriormente e se acrediten especificamente para o acceso ao corpo de profesores titulares de universidade, conforme o que establece o artigo 57 da LOU, accederán directamente ao corpo de profesores titulares de universidade nas mesmas prazas que ocupen.

Unha vez solicitada por Manuel José Freire Tellado, con DNI ***5604**, funcionario do corpo de profesores titulares de escola universitaria da área de coñecemento de Mecánica de Medios Continuos e Teoría das Estruturas, a súa integración no corpo de profesores titulares de universidade e acreditados os requisitos exixidos, esta reitoría, no uso das facultades que lle confiren a Lei orgánica 6/2001, de universidades, e os estatutos desta universidade, resolve integralo no corpo de profesores titulares de universidade, área de coñecemento de Mecánica de Medios Continuos e Teoría das Estruturas, con efectos económicos e administrativos do 14 de xullo de 2022.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE de 2 de outubro).

A Coruña, 14 de xullo de 2022

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña