Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 26 de xullo de 2022 Páx. 41262

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

ORDE do 14 de xullo de 2022 pola que se dispón a renovación dun vogal no Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúe ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das ditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída, por proposta do presidente do organismo público Portos do Estado,

DISPOÑO:

A renovación de Javier Suárez García como vogal representante da Administración xeral do Estado no Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2022

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar