Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 22 de xullo de 2022 Páx. 41216

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 14 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se comunican a data de ocupación e o requirimento das follas de valoración no concello de Cariño (expediente IN407A 2020/113-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este anuncio, infórmase da data de ocupación e de requirimento das follas de valoración no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Modificado 1 do proxecto de adecuación da LMT MEA816 e do CT Feás (expediente IN407A 2020/113-1), no concello de Cariño, correspondentes ao predio e á titularidade que se sinala no cadro anexo neste.

A Coruña, 14 de xullo de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente IN407A 2020/113-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: modificado 1 do proxecto de adecuación da LMT MEA816 e do CT Feás.

Concello: Cariño.

Predio

Lugar

Propiedade

Incidencia

Data ocupación

1

Esteiro de Arriba

Cesáreo Alvelo Rico

Enderezo descoñecido

3.8.2022