Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 22 de xullo de 2022 Páx. 41214

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 7 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se lles notifican aos interesados as afeccións por construción dunha instalación eléctrica prevista no concello de Entrimo.

Mediante o Acordo do 11 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, foi sometida a información pública a solicitude das autorizacións administrativas previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Entrimo (expediente IN407A 2022/38-3), a cal foi publicada no DOG do 6 de maio de 2022, e realizouse ao mesmo tempo a notificación aos particulares afectados.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares do predio que no anexo se relaciona para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1-3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 7 de xullo de 2022

O xefe territorial de Ourense
P.S.L. (Decreto 116/2022, artigo 41.3)
José Luis Prada Suárez
Xefe do Servizo de Industria

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Número de expediente: IN407A 2022/38-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: regulamentación LMTA CCH807-apoio número 46.

Termo municipal: Entrimo.

Predio número en proxecto: 1.

Lugar: As Quintáns.

Cultivo: matogueira.

Titular: Mercedes Lago Acuña (domicilio ignorado).

Afeccións: apoios números 118-13-5-3, cunha superficie de ocupación de 2 m2.