Mediante o Acordo do 1 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, foi sometida a información pública a solicitude das autorizacións administrativas previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Cartelle (expediente IN407A 2022/78-3), a cal foi publicada no DOG do 27 de xuño de 2022, e realizouse ao mesmo tempo a notificación aos particulares afectados.
De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares do predio que no anexo se relaciona para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.
Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1-3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 7 de xullo de 2022
O xefe territorial de Ourense
P.S.L. (Decreto 116/2022, artigo 41.3)
José Luis Prada Suárez
Xefe do Servizo de Industria
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados
Número de expediente: IN407A 2022/78-3.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: instalación de reconectador TC no apoio número D23-52-1 da LMTA, 20 kV, CAS805.
Termo municipal: Cartelle.
Predio número en proxecto: 1.
Lugar: Monte de San Martiño.
Cultivo: matogueira.
Titular: CMVMC de San Martiño (enderezo descoñecido).
Afeccións: apoio número D23-52-2, cunha superficie de ocupación de 10 m2.
Predio número en proxecto: 2.
Lugar: Monte de San Martiño.
Cultivo: matogueira.
Titular: CMVMC de San Martiño (enderezo descoñecido).
Afeccións: apoio número D23-52-2, cunha superficie de ocupación de 2 m2.