Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Xoves, 21 de xullo de 2022 Páx. 41062

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2022 pola que se fai público o cofinanciamento pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, do contrato de servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra de implantación de tratamento secundario na estación depuradora de augas residuais de Vilaboa, Vilaboa (Pontevedra)-OH.336.1173 (expediente OH. 736.1232).

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Poder adxudicador:

1.1) Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2) Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3) Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5) Código NUTS: ES111.

1.6) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7) Fax: 981 95 74 03.

1.8) Teléfono: 981 95 74 01.

1.9) Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10) Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1) Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2) Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Códigos CPV: 71311100-2 (Servizos de asistencia en enxeñería civil).

4. Código NUTS da localización principal do servizo: ES114 Vilaboa (Pontevedra).

5. Descrición do obxecto da licitación: servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra de implantación de tratamento secundario na estación depuradora de augas residuais de Vilaboa. Vilaboa (Pontevedra)-OH.336.1173. Clave do expediente OH.736.1232.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.

7. Orzamento base de licitación: importe neto: 28.704,61 euros. Importe total: 34.732,58 euros.

8. Valor estimado do contrato: 28.704,61 euros, coincide co orzamento base de licitación sen IVE.

9. Prazo de execución do contrato: 6 meses.

10. Criterios de adxudicación

10.1) Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2) Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 49 %), análise do documento técnico da obra (ponderación 14 %), metodoloxía para a execución dos traballos de control de materiais, equipos e unidades de obra (ponderación 14 %), medidas para o impulso demográfico (ponderación 10 %), metodoloxía para a execución dos traballos de elaboración dos informes de inspección da obra e/ou implantación dos programas de seguimento e control establecidos para a obra (ponderación 8 %) e mellora técnica vinculada á execución do servizo (ponderación 5 %).

11. Data da adxudicación do contrato: 11 de febreiro de 2022.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1) Ofertas totais: 3.

12.2) Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 3.

12.3) Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4) Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou subscrición do contrato: 26 de febreiro de 2022.

14. Empresa contratista:

14.1) Nome da empresa ou no seu caso UTE: Intacta Gestión Ambiental, S.L.

14.2) NIF: B70311634.

14.3) Enderezo: polígono industrial de Penapurreira, parcela C2C. 15320-As Pontes de García Rodríguez (A Coruña).

14.4) Código NUTS: ES111.

14.5) Correo electrónico: c.pinon@intacta.es

14.6) Teléfono: 687 80 60 02.

14.7) Pequena ou mediana empresa: si.

15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 21.815,50 euros. Importe total: 26.396,76 euros.

16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Esta actuación cofinanciarase pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

A actuación enmárcase dentro do programa operativo no Obxectivo Temático 6 «Conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos»; Prioridade de Investimento 6.2 «Investimento no sector da auga para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de ambiente e para dar resposta ás necesidades, identificadas polos Estados membros, dun investimento que vaia máis alá dos ditos requisitos»; Obxectivo Específico 6.2.1 «Culminar os requisitos da Directiva Marco da Auga a través do investimento en infraestruturas de saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, e mellora da calidade da auga», Actuación 6.2.1.2 «Reforma e optimización dos sistemas de saneamento das rías galegas» (segundo o documento Criterios e Procedementos de Selección de Operacións (CPSO)). Operación «Mellora dos sistemas de saneamento e depuración na ría de Vigo-LIC Ensenada de San Simón. Aglomeración de Vilaboa».

Polo que deberán observarse os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, polo tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do programa operativo do citado fondo europeo, así como as normas de información e publicidade establecidas nas guías de publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.

17. Servizo do que se poida obter información sobre o contrato formalizado.

17.1) Nome: contratación de Augas de Galicia.

17.2) Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

17.4) Código postal: 15781.

17.5) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6) Fax: 981 95 74 03.

17.7) Teléfonos: 981 95 74 01.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.

19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 18 de outubro de 2021.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 11 de febreiro de 2022.

Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 28 de febreiro de 2022.

Publicidade do anuncio de formalización do contrato no perfil de contratante: 3 de marzo de 2022.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2022

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia