Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Xoves, 21 de xullo de 2022 Páx. 41061

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 8 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, de notificación das resolucións que acordan a extinción das concesións das bateas Gondar I e Loraña II.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ante a posibilidade de existencia de persoas interesadas descoñecidas, notifícanselles ás persoas que se relacionan no anexo as resolucións do 8 de xullo de 2022 da Consellería do Mar polas que se acorda a extinción das concesións das bateas Gondar I e Loraña II, ambas titularidade de Francisco Sineiro Rodríguez e María Elisa Isabel Daporta Leiro (falecidos), situadas no polígono F, distrito marítimo do Grove; a Gondar I ao sur Illa Loraña e a 70 metros de distancia (Pontevedra) e a Loraña II ao sur 75 W. A 60 m, ao sur illote Loraña (Pontevedra).

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, situadas na praza de Europa 5A, 4º (polígono das Fontiñas), 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro das mencionadas resolucións e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2022

Antonio Basanta Fernández
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

Interesado/a

Acto que se notifica

Posibles persoas herdeiras descoñecidas de Francisco Sineiro Rodríguez e María Elisa Isabel Daporta Leiro.

Resolucións do 8.7.2022