Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 19 de xullo de 2022 Páx. 40610

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2022-12 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: rúa Aller Ulloa, Ramón María, 9. 27003 Lugo.

Denominación: LMT e CT para NS 70911 edificio de vivendas na rúa Chantada, 31-35 Lugo.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas principais:

– Liña subterránea de media tensión a 20 kV Fingoi, con orixe nunha cela de liña existente no CT 537 Chantada e final nunha cela de liña no CT rúa Chantada, 31-35 (proxectado), cunha lonxitude de 80 metros en condutor RHZ1-240.

– Centro de transformación non prefabricado rúa Chantada, 31-35, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección cunha potencia máxima admisible de 630 kVA e unha potencia inicial de 250 kVA, relación de transformación 20.000/400-230 V.

– Desmontaxe de 67 metros de condutor subterráneo.

Finalidade da instalación: mellora das instalacións.

Orzamento: 26.815,76 euros.

Documentación que se xunta: separata para o Concello de Lugo.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

En relación coa instalación de alta tensión, concederlles a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberanse axustar na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección de obra deberá ser realizada por técnico competente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. Deberanse cumprir en todo momento as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes a partir do día seguinte o da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Lugo, 7 de xullo de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo