Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 19 de xullo de 2022 Páx. 40676

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2022 pola que se autoriza a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, das concesións administrativas e das bateas Diana IV, Galbán I e Nito.

Vistos os expedientes instruídos para os efectos de transmisión das bateas Diana IV, Galbán I e Nito e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escritos do 17 de xuño de 2022, Esteban Paz Mariño solicitou autorización para a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, das concesións administrativas e das bateas Diana IV, Galbán I e Nito.

Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver os expedientes de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG núm. 41, do 1 de marzo).

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, nos seus artigo 209 e seguintes regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e con forma de pactos de apartación ou de mellora.

Terceira. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Manuela Paz Mariño (***5490**), Esteban Paz Mariño (***5441**), Manuela Mariño Rego (***5233**), Olga Mariño Millán (***5972**), Francisco Mariño Rego (***0141**) e María Pérez Laranga (***1525**), das concesións que se indican a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Diana IV.

Situación:

Cuadrícula nº: 14.

Polígono: D.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 23.9.1968.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Galbán I.

Situación:

Cuadrícula nº: 167.

Polígono: B.

Distrito: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 3.9.1952.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Nito.

Situación:

Cuadrícula nº: 84.

Polígono: B.

Distrito: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 4.1.1999.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Manuela Mariño Rego (***5233**), Olga Mariño Millán (***5972**), Francisco Mariño Rego (***0141**) e María Pérez Laranga (***1525**).

Novos titulares: Manuela Paz Mariño (***5490**), Esteban Paz Mariño (***5441**), Manuela Mariño Rego (***5233**), Olga Mariño Millán (***5972**), Francisco Mariño Rego (***0141**) e María Pérez Laranga (***1525**).

Os novos titulares das concesións subróganse nos dereitos e nas obrigas dos anteriores desde o momento da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 21 de xuño de 2022

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo