Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 18 de xullo de 2022 Páx. 40465

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan parcial do sector de solo urbanizable delimitado S-1.I (Coeses-Cuíña).

O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o día 30.6.2022, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o plan parcial do sector de solo urbanizable delimitado S-1.I (Coeses-Cuíña), formulado pola entidade mercantil Novafrigsa, S.A. e redactado pola mercantil Servicat Arquitectura y Urbanismo, S.L., de conformidade cos informes sectoriais emitidos no presente procedemento, co informe conxunto dos Servizos Municipais de Arquitectura, Enxeñaría e Medio Ambiente emitido con data do 16.6.2022 e co informe do Servizo Municipal de Urbanismo emitido con data do 17.6.2022.

Segundo. Proceder á publicación deste acordo de aprobación definitiva no DOG, no prazo dun mes desde a súa adopción. Xunto coa publicación deste acordo publicarase a referencia ao enderezo electrónico no que figurará o contido íntegro deste Plan parcial a disposición do público (artigo 82.2 da LSG).

Terceiro. Unha vez publicado o anuncio no DOG a que fai referencia o anterior acordo, proceder á remisión dun exemplar deste Plan parcial en soporte dixital, debidamente dilixenciado, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (CMATV) para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia. Sendo esta inscrición requisito de eficacia do acordo de aprobación definitiva (artigo 88 da LSG). Posteriormente, procederase á publicación do anuncio no BOP, conforme o establecido nos artigos 82.3 e 88.4 da LSG.

Cuarto. Notificarlles este acordo aos interesados, indicándolles que contra el poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo) nun prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da notificación do presente acto, o cal pon fin á vía administrativa (artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo), sen prexuízo de que poidan interpoñer calquera outro recurso ou reclamación que consideren conveniente ao seu dereito.

O contido íntegro do documento aprobado poderá consultarse na seguinte ligazón:

http://concellodelugo.gal/gl/actuacions/normativa-urbanistica

Lugo, 8 de xullo de 2022

A alcaldesa
P.D. (Decreto 2973/2021)
Álvaro Santos Ramos
Tenente de alcaldesa delegado
da Área de Sostibilidade Urbana