Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 18 de xullo de 2022 Páx. 40455

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 5 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, de notificación da resolución que declara a extinción da concesión de actividade dun parque de cultivos mariños sito na praia da Graña, O Grove (Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de seren intentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a Resolución do 12 de xuño de 2022, da Consellería do Mar, pola que se declara a extinción da concesión de actividade dun parque de cultivos mariños titularidade de María Teresa Goday Abalo e Manuel Goday Abalo, sito na praia da Graña, O Grove (Pontevedra).

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, situadas na praza de Europa, 5A, 4º (polígono das Fontiñas), 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Unha vez transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2022

Antonio Basanta Fernández
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

Interesado

Acto que se notifica

José Luis Goday Camaño

Resolución

Guillermo Goday Camaño

Resolución