Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 14 de xullo de 2022 Páx. 40042

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 1 de xullo de 2022 polo que se notifican as resolucións de expedientes sancionadores por incumprimento das medidas de prevención e contención en materia sanitaria do Concello da Rúa (expediente SCOVID/ARUA/018 e cinco máis).

O Concello de A Rúa ditou resolución do expediente sancionador SCOVID/ARUA/018 e cinco expedientes máis por vulneración da normativa sanitaria.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación da resolución ditada no procedemento sancionador en materia sanitaria á persoa interesada que figura no anexo efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia.

Dado que neste acto non se publica na súa integridade a notificación referida, de conformidade co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o texto íntegro do acto que se notifica está á disposición da persoa interesada, xunto co resto do expediente, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas municipais do Concello da Rúa, situadas na praza José Antonio Míguez Freire, 1, A Rúa (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Advírteselle á persoa interesada que, de non comparecer no referido prazo, a notificación se entenderá producida, para todos os efectos, o día seguinte ao do vencemento do prazo.

A resolución pon fin á vía administrativa e contra ela só cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición na que o demandante teña o seu domicilio ou aquela na que se atope a sede do órgano autor do acto orixinario impugnado (entendéndose limitada esta posibilidade de elección só aos xulgados que se atopen dentro da circunscrición do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia), de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal.

Este anuncio realízase ao abeiro do establecido no Convenio asinado o 27 de novembro de 2020 entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para articular a encomenda de xestión á Xunta de Galicia para a realización de actuacións auxiliares e de colaboración material na tramitación dos procedementos sancionadores competencia dos concellos de Galicia, en relación co incumprimento das medidas de prevención aprobadas para a loita contra a COVID-19.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2022

Sonia Villaverde Cutrín
Funcionaria da unidade tramitadora

ANEXO

Número de expediente

DNI/CIF

Persoa interesada

Infracción imputada

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

SCOVID/ARUA/018

76734190A

Non utilizar a máscara obrigatoria nos termos establecidos na normativa vixente e non encontrarse, de forma xustificada, en ningunha das excepcións á dita obriga.

Art. 57.2.c.1º) da Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde

Art. 58.1.c) da Lei 33/2011

Art. 31.2 do RDL 21/2020

100 euros

SCOVID/ARUA/049

72123354T

Non utilizar a máscara obrigatoria nos termos establecidos na normativa vixente e non encontrarse, de forma xustificada, en ningunha das excepcións á dita obriga.

Art. 57.2.c.1º) da Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde

Artigo 58.1.c) da Lei 33/2011

Art. 31.2 do RDL 21/2020

100 euros

SCOVID/ARUA/051

10063475D

Non utilizar a máscara obrigatoria nos termos establecidos na normativa vixente e non encontrarse, de forma xustificada, en ningunha das excepcións á dita obriga.

Art. 57.2.c.1º) da Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde

Artigo 58.1.c) da Lei 33/2011

Art. 31.2 do RDL 21/2020

100 euros

SCOVID/ARUA/0085

71518515S

Incumprimento, por parte dos establecementos, locais de negocio, instalacións e espazos de uso público ou que se encontren aberto ao público ou con ocasión do desenvolvemento de actividades de medidas preventivas sobre limitación de capacidade ou outras relativas á organización ou ao exercicio da actividade adoptadas polas autoridades sanitarias, se as repercusións producidas tiveron unha incidencia escasa ou sen transcendencia directa na saúde da poboación.

Art. 41.g) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Art. 44.2 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

200 euros

SCOVID/ARUA/0120

34983231R

Non utilizar a máscara obrigatoria nos termos establecidos na normativa vixente e non encontrarse, de forma xustificada, en ningunha das excepcións á dita obriga.

Art. 41.bis.a) da Lei 8/2008, do 10

de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.bis.5 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

100 euros

SCOVID/ARUA/0144

76705249L

Non utilizar a máscara obrigatoria nos termos establecidos na normativa vixente e non encontrarse, de forma xustificada, en ningunha das excepcións á dita obriga.

Artigo 41.bis.a) da Lei 8/2008, do 10

de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.bis.5 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

100 euros