Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 12 de xullo de 2022 Páx. 39615

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade de tres encomendas de xestión ao medio propio Fundación Centro Tecnológico del Mar para seren executadas durante os anos 2022 e 2023.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade das seguintes encomendas coas seguintes características:

1. Resolución do 25 de maio de 2022, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnológico del Mar (Cetmar) a realización, polo sistema de administración, dun servizo de oficina técnica para o apoio ao deseño e a construción de dúas embarcacións patrulleiras para o Servizo de Gardacostas de Galicia da Consellería do Mar.

– Actividade: a realización das actuacións relativas á execución de accións de apoio á Consellería do Mar que teñen como finalidade o seguimento no deseño e na construción de dúas embarcacións patrullleiras aptas para tarefas de inspección e vixilancia pesqueira, control e apoio á frota pesqueira de Galicia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios, ao ter a Fundación Centro Tecnológico del Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 25 de maio de 2022 ata o 30 de decembro de 2023.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia na aplicación orzamentaria 15.02.723A.640.1, código do proxecto 2016 00287, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) nun 75 %.

2. Resolución do 13 de maio de 2022, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnológico del Mar (Cetmar) a realización, polo sistema de administración, dun servizo de asistencia técnica para o seguimento e a avaliación de novos retos dos GALP no marco do desenvolvemento sustentable das zonas de pesca do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).

– Actividade: a realización das actuacións relativas á execución de accións de apoio á Consellería do Mar en materias relacionadas co desenvolvemento das EDLP dos GALP na dobre vertente de selección de estratexias e grupos para o período Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027 e de seguimento e avaliación final das estratexias do período Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2016-2022.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios, ao ter a Fundación Centro Tecnológico del Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 13 de maio de 2022 ata o 30 de xuño de 2023.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia na aplicación orzamentaria 15.02.723A.640.1, código do proxecto 2016 00287, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) nun 75 %.

3. Resolución do 1 de xullo de 2022, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnológico del Mar (Cetmar) a execución do servizo de coordinación, difusión e mellora do Observatorio Costeiro da Xunta de Galicia como soporte á xestión sustentable da actividade acuícola.

– Actividade: a execución do servizo de coordinación, difusión e mellora do Observatorio Costeiro da Xunta de Galicia como soporte á xestión sustentable da actividade acuícola.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios, ao ter a Fundación Centro Tecnológico del Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 4 de xullo de 2022 ata o 30 de setembro de 2023.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia na aplicación orzamentaria 15.02.723A.641.0, código do proxecto 2016 00259, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) nun 75 %.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2022

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar