Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 12 de xullo de 2022 Páx. 39700

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 30 de xuño de 2022 pola que se fai público acordo de inicio de procedemento para a declaración de abandono da embarcación Inishmann, varada no porto de Fisterra (A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 44, 45 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por resultar descoñecida a identidade do posible propietario ou interesado na embarcación e dun domicilio onde efectuar notificacións, faise público mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado o acordo de inicio do procedemento para a declaración de abandono da embarcación de nome Inishman, veleiro que se atopa varado no porto de Fisterra desde outubro de 2018.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

A embarcación en cuestión, que carece de actividade e non ten ningún mantemento, amarrou no porto de Fisterra en setembro de 2018 sen autorización e sen que se tivese ningunha noticia dos seus propietarios que abandonaron a embarcación no porto; foi precisa a súa varada en outubro de 2018 por causa do mal tempo, atopándose no mesmo lugar desde esa data sen que se presentase ningunha persoa física ou xurídica que acreditase ter dereitos sobre a embarcación para interesarse por ela.

O presente acordo emítese con base no establecido no artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia.

O órgano competente para a resolución deste procedemento é a presidenta de Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.3, letras a) e l), da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

A instrución do procedemento recae en Jesús Javier Fernández Barro, xefe da División Xurídica de Portos de Galicia, e o seu réxime de recusación é o consignado no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Outórgase ao propietario ou propietaria, así como a calquera outra persoa física ou xurídica que acredite dereitos e/ou intereses sobre a embarcación, un prazo máximo de 10 días para formular alegacións.

Advírtese que, de acordo coa normativa máis arriba citada, chegado o termo de declarar o barco abandonado, este pasará a ser propiedade de Portos de Galicia, o que non impedirá que todos os custos de tramitación ou que xeren as actuacións que se van realizar sobre o buque sexan por conta do anterior propietario.

Cara ao seu exame, o expediente encóntrase nas dependencias dos Servizos Centrais de Portos de Galicia en Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2022

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia