Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 8 de xullo de 2022 Páx. 39139

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2022 pola que se amplían os prazos máximos de execución dos proxectos e de presentación da xustificación e solicitude de cobramento da Resolución do 13 de xaneiro de 2020, pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva, modificada pola Resolución do 10 de agosto de 2020.

No Diario Oficial de Galicia nº 22, do 3 de febreiro de 2020, publicouse a Resolución do 13 de xaneiro de 2020, pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva, a cal foi modificada pola Resolución do 10 de agosto de 2020 (DOG nº 166, do 18 de agosto).

No parágrafo segundo do Resolvo quinto establécese que o prazo de execución dos proxectos rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder o 30 de setembro de 2022.

Así mesmo, no parágrafo sexto do Resolvo quinto establécese que para aqueles proxectos cuxo prazo de execución remate entre o 12 e o 30 de setembro de 2022, o beneficiario deberá presentar a solicitude de cobramento como máximo o 10 de outubro de 2022.

Os créditos dispoñibles para as concesións nesta convocatoria son os seguintes:

Partida orzamentaria

Ano 2020

Ano 2021

Ano 2022

06.A1.741A.7701

300.000 €

500.000 €

8.200.000 €

A maioría dos proxectos obxecto de subvención desta convocatoria e dos que están pendentes de resolución (na data actual, un 38 % das solicitudes) se atopan dentro do período de execución, con data de finalización, como máximo, o 30 de setembro de 2022. Algunhas destas empresas beneficiarias e solicitantes, que están levando a cabo proxectos de certa envergadura, trasladaron ao Igape a súa dificultade para cumprir cos prazos de execución establecidos nas respectivas resolucións de concesión, malia que se lles outorgou un prazo coa data máxima de finalización posible establecida na convocatoria. Estas empresas indican que hai un atraso xeneralizado na execución de obra e subministración de equipamento, motivado, en primeiro lugar, por unha retardación xeral provocada pola COVID-19 e, en segundo lugar, pola actual falta de subministracións e escaseza de man de obra nas empresas provedoras.

Polo anterior, en coherencia coa data de fin de prazo tamén ampliada da convocatoria de 2019 ata o 30 de decembro de 2022, e sen perder de vista o horizonte N+3 de execución e certificación do Feder Galicia 2014-2020, considérase necesario pospoñer a data máxima de finalización do prazo de execución dos proxectos beneficiarios desta convocatoria de 2020, ata o 31 de marzo de 2023, tendo en conta que soamente necesitarían estender o seu prazo de execución ata este límite un número moi reducido dos beneficiarios.

Así mesmo, a distribución do financiamento prevista na convocatoria debe ter correspondencia coa data na que se prevexa realizar o gasto, polo que resulta necesaria unha nova periodificación anual do orzamento desta.

Por todo o anterior, de conformidade coas facultades que teño conferidas e co disposto no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non se causan prexuízos a terceiros,

RESOLVO:

Artigo primeiro.

Fixar no 31 de marzo de 2023 a data da que non pode exceder o prazo de execución dos proxectos que se estableza na resolución de concesión, establecida no Resolvo quinto da Resolución do 13 de xaneiro de 2020, pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 22, do 3 de febreiro), modificada pola Resolución do 10 de agosto de 2020 (DOG nº 166, do 18 de agosto).

Artigo segundo.

O beneficiario deberá presentar a xustificación dos investimentos e a solicitude de cobramento no prazo máximo dun mes desde a data de finalización do prazo de execución fixada na resolución de concesión e, como moi tarde, o 10 de outubro de 2022 para a anualidade 2022, e o 10 de abril de 2023 para a anualidade 2023. Os gastos executados a partir do 1 de outubro de 2022 poderán imputarse con cargo á xustificación da anualidade 2023.

Artigo terceiro.

Os créditos dispoñibles establecidos no Resolvo cuarto da nomeada Resolución, modificada pola Resolución do 10 de agosto de 2020 (DOG nº 166, do 18 de agosto), terán a seguinte distribución plurianual:

Partida orzamentaria

Ano 2020

Ano 2021

Ano 2022

Ano 2023

06.A1.741A.7701

300.000 €

500.000 €

6.200.000 €

2.000.000

Artigo cuarto.

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2022

Fernando Guldrís Iglesias
Director do Instituto Galego de Promoción Económica