Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 8 de xullo de 2022 Páx. 39261

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 18 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Congalsa, S.L., para unha planta de elaboración de produtos precociñados a base de peixe en A Pobra do Caramiñal (A Coruña) (expediente 2020-IPPC-M-42).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 decembro) regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19 de outubro de 2013) regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, sométese a información pública, durante un período de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

Documento de revisión da autorización ambiental integrada.

Planta de elaboración de produtos precociñados a base de peixe A Pobra do Caramiñal (A Coruña).

Para que calquera persoa interesada poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que estime convenientes.

Os documentos estarán á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

As alegacións, suxestións ou observacións dirixiranse ao Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2020-IPPC-M-42.

Número da autorización ambiental integrada: 2007/0003_NAA/IPPC_106.

Categoría principal da actividade: anexo I, categoría 9.1.b.i) do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro.

Titular: Congalsa, S.L.

NIF: B15269392.

Localización da instalación: polígono industrial A Tomada, 15940 A Pobra do Caramiñal (A Coruña). Referencia catastral da parcela: 3170702NH0137S0001QZ.

Actividade principal: elaboración de produtos precociñados a base de peixe.

Descrición: as etapas do proceso produtivo dependen das diferentes liñas de produción existentes, que de forma xeral son:

– Recepción e almacenamento das materias primas e auxiliares a través dos peiraos de carga.

– Acondicionamento que varía en función da liña produtiva segundo sexa para a elaboración de produtos precociñados a base de peixe (desconxelación, enfariñado, rebozado, aditivado, encolado e outras); para elaboración de produtos de pesca conxelados (desconxelado, evisceración e lavado); ou, en caso de elaboración de produtos complementarios como fariñas, verduras e outros (almacenamento e posterior acondicionamento).

– Fritura. Tras o acondicionamento realizase a fritura dos distintos produtos.

– Ultraconxelado. Unha vez que o produto ten o formato definitivo introdúcese nos túneles de conxelación ou armario de conxelación durante o tempo que permita a ultraconxelación.

– Envasado. A planta ten unha única liña de envasado para todos os produtos e posteriormente son empaquetados en caixas de cartón e paletizados.

– Almacenamento e carga do produto final a temperatura controlada.

Ademais, a planta conta con operacións auxiliares como: estación depuradora de augas de proceso situada no exterior da planta, unha sistema CIP para a limpeza das instalacións e a maquinaria en circuíto pechado, actividades administrativas, instalacións para a xeración de frío, actividade de laboratorio para verificar as condicións de elaboración e a calidade do produto, un equipo de mantemento en cada unha das naves que conforma a instalación e un sistema de xeración de enerxía mediante placas solares.