Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 7 de xullo de 2022 Páx. 38852

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle de agregación de parcelas correspondentes aos números 18 e 20 da rúa San Froilán (unidades edificatorias 130109 e 130110 do Plan especial de protección, rehabilitación e reforma interior do recinto amurallado de Lugo e a súa zona de influencia).

O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o día 26 de maio de 2022, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente, de conformidade co informe favorable da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural do 29 de xaneiro de 2021, o estudo de detalle de agregación de parcelas correspondentes aos números 18 e 20 da rúa San Froilán, unidades edificatorias 130109 e 130110 do Plan especial de protección, rehabilitación e reforma interior do recinto amurallado de Lugo e a súa zona de influencia (PEPRI), formulado por Manuel Francisco Gómez Álvarez, representado por José Manuel López Valiño e redactado polo arquitecto José Manuel López Valiño (artigo 80.2 da LSG).

Segundo. Publicar este acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia (DOG), no prazo dun mes desde a súa adopción. Xunto coa publicación deste acordo publicarase a referencia ao enderezo electrónico en que figurará o contido íntegro deste estudo de detalle á disposición do público (artigo 82.2 da LSG).

Terceiro. Unha vez publicado o anuncio no DOG, ao cal fai referencia o anterior acordo, remitir un exemplar deste estudo de detalle en soporte dixital, debidamente dilixenciado, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (CMATV) para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia. Esta inscrición é requisito de eficacia do acordo de aprobación definitiva (artigo 88 da LSG). Posteriormente procederase á publicación do anuncio no BOP, conforme o establecido nos artigos 82.3 e 88.4 da LSG.

Cuarto. Notificarlles este acordo aos interesados, indicándolles que contra el poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo), nun prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación deste acto, o cal pon fin á vía administrativa (artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo), sen prexuízo de que poidan interpoñer calquera outro recurso ou reclamación que consideren conveniente ao seu dereito.

O contido íntegro do documento aprobado poderá consultarse na seguinte ligazón http://concellodelugo.gal/gl/actuacions/normativa-urbanistica

Lugo, 8 de xuño de 2022

A alcaldesa
P.D. (Decreto 2973/2021)
Álvaro Santos Ramos
Tenente de alcalde delegado da Área de Sostibilidade Urbana