Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 7 de xullo de 2022 Páx. 38786

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 16 de xuño de 2022 pola que se establecen as condicións de adhesión á marca Fest Galicia para a temporada 2022 e para a realización de contratos de patrocinio con entidades privadas para festivais de música profesionais que se celebren desde o 1 de xullo ata o 30 de setembro de 2022, considerados estratéxicos para o territorio xa que xeran un retorno publicitario para as marcas Fest Galicia e Xacobeo 21-22 (código de procedemento CT302A).

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 125, do 1 de xullo de 2022, procede facer as oportunas correccións:

Na páxina 37539, no anexo I, punto 1, onde di: «Programar un mínimo de tres artistas galegos por día.», debe dicir: «Programar un mínimo de tres artistas galegos.».