Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 7 de xullo de 2022 Páx. 38830

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 15 de xuño de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado O Formigueiro, Piñeiral, Os Terrós e Lama Vella, a favor dos/das veciños/as de Quintela, na parroquia de Canedo, no concello de Ourense.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar o 9 de marzo de 2022, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado O Formigueiro, Piñeiral, Os Terrós e Lama Vella, a favor dos/das veciños/as de Quintela, na parroquia de Canedo (San Miguel), no concello de Ourense, resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 3 de decembro de 2019 tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común en que solicitaba a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas O Formigueiro, Piñeiral, Os Terrós e Lama Vella.

Segundo. Con data do 21 de abril de 2021, o xurado provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designa instrutor e realiza as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e abre un período de un mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. Durante a tramitación do procedemento a empresa Adif presentou un escrito de alegacións en relación con tres parcelas incluídas no acordo de inicio da clasificación. Trátase da parcela 32900A080000550000PR, sobre a que Adif afirma ter un dereito de servidume constituído mediante título de expropiación nunha superficie de 354 m2; a parcela 32900A080000420000PY, sobre a que Adif tería un dereito de servidume constituído mediante título de expropiación nunha superficie de 395 m2, e a parcela 32900A078002050000PA, sobre a que Adif alega dispoñer dun dereito de propiedade obtido mediante título de expropiación nunha superficie de 220 m2.

O representante veciñal manifestou na sesión do Xurado Provincial do día 9 de marzo de 2022 a súa conformidade respecto dos dereitos reclamados por Adif respecto ás citadas parcelas.

O Xurado, con base no exposto, acordou a clasificación do monte, realizando as modificacións oportunas derivadas dos dereitos de servidume e propiedade que ten Adif.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que figura no expediente, descríbese así:

Nome do monte: O Formigueiro, Piñeiral, Os Terrós e Lama Vella.

Superficie: 3,38 ha.

Pertenza: veciños/as de Quintela.

Parroquia: Canedo (San Miguel).

Concello: Ourense.

Descrición das parcelas que constitúen o monte:

Predio 1. O Formigueiro:

Parcela obxecto de clasificación (ref. catastral)

Parcelas estremeiras (ref. catastral)

32900A08000055

Norte

32900A08000054

Leste e sur

32900A08009008

Oeste

32900A08000056

* A parcela 55 do polígono 80 está gravada cunha servidume de 10 m de ancho para a reposición dunha liña eléctrica de alta tensión na zona NO da parcela, constituída a favor de Adif nunha superficie de 354 m2.

Predio 2. Piñeiral:

Parcela obxecto de clasificación (ref. catastral)

Parcelas estremeiras (ref. catastral)

32900A08000042

Norte

32900A08000041

Leste

32900A08009007

Sur

32900A08000043

32900A08000070

Oeste

32900A08000050

32900A08000049

32900A08000048

32900A08000047

32900A08000090

32900A08000137

32900A08000205

32900A08000204

32900A08000081

32900A08000078

32900A08000074

32900A08000077

32900A08000076

32900A08000075

* A parcela 42 do polígono 80 está gravada con dúas franxas de servidume para a reposición dun gasoduto subterráneo, unha de 3 m de ancho, na zona central da parcela, e outra de forma triangular e 4 m de ancho medio, na zona NE, constituídas a favor de Adif nunha superficie total de 395 m2.

Predio 3. Os Terrós e Lamavella.

Estes terreos constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. As parcelas catastrais están separadas pola estrada coa referencia catastral 32900A07809001.

Parcelas obxecto de clasificación (ref. catastral)

Parcelas límites (ref. catastral)

32900A07800067

32900A07800068

32900A07800213

32900A07800060

32900A07800205 (parte)

32900A07800206

Norte

32900A07800214

32900A07709001

32900A07800205

(resto)

Leste

32900A07800059

Sur

32900A07809001

32900A07800062

32900A07800063

32900A07800064

32900A07800066

32900A07800209

Oeste

32900A07800069

32900A07809002

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes, e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 149/2018, do 5 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, e demais normativa legal e regulamentaria, o xurado provincial, por unanimidade dos seus membros,

RESOLVE:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado O Formigueiro, Piñeiral, Os Terrós e Lama Vella, a favor dos/das veciños/as de Quintela, na parroquia de Canedo (San Miguel), no concello de Ourense, de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso  otestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 15 de xuño de 2022

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense