Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 6 de xullo de 2022 Páx. 38669

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Carballedo (expediente IN407A 2022/11 AT).

Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Peticionaria: Unión Fenosa Distribución S.A.

Domicilio social: rúa A Batundeira, nº 2, Velle (Ourense).

Denominación: regulamentación LMTA PRS806 en tramo entre os apoios nº 1 e nº 1-9 (Carballedo).

Situación: concello de Carballedo.

Características técnicas principais:

• Liña de media tensión aérea 20kV PRS806 (expediente 27/2016-AT) con orixe no apoio existente nº 1 da LMTA PRS806 e final no apoio existente nº 1-9, cunha lonxitude de 193 metros en condutor novo tipo LA-56 e 139 metros de condutor existente tipo LA-30. Substitúense os apoios nº 1-2, 1-3 e 1-6 tipo HV-9/400 por apoios novos de celosía tipo C-12/1000.

Finalidade da instalación: regulamentación de instalacións.

Orzamento: 8.443,92 €.

Documentación que se xunta:

• Separata para o Concello de Carballedo.

• Separata para a Deputación Provincial de Lugo.

• Separata para a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

• Separata para Naturgy Group, S.A.

Esta xefatura territorial, de acordo cas competencias que resultan do Decreto 230/2020, do 23 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para a autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

En relación coa instalación de alta tensión, concederlle a autorización administrativa previa e de construción á dita instalación sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. A instalación deberase axustar, na súa execución, ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección de obra deberá ser realizada por técnico competente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. Deberanse cumprir en todo momento as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes a partir do día seguinte o da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente ao seu dereito.

Lugo, 6 de xuño de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo