Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 6 de xullo de 2022 Páx. 38667

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2022 pola que se nomea profesorado do corpo docente universitario de catedrático de universidade.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión nomeada para xulgar o concurso para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, convocados mediante a Resolución desta universidade do 1 de decembro de 2021 (BOE do 9 de decembro), e presentada pola persoa interesada a documentación a que fai referencia a base novena da convocatoria,

Este reitoría, no uso das atribucións conferidas polo artigo 65 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), e o artigo 85 dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro), e demais disposicións concordantes, resolve efectuar o nomeamento da persoa que se relaciona no anexo.

O citado nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola persoa interesada, que se deberá efectuar no prazo máximo de vinte (20) días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes ante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2022

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO


concurso

Nome

Apelidos

DNI

Corpo docente

Área coñecemento

Departamento

Localidade

Código praza

5C/21

Fernando Antonio

Vázquez-Portomeñe Seijas

***1209**

Catedrático/a de universidade

Dereito Penal

Dereito Público Especial e da Empresa

Santiago de Compostela

A00647