Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:
Peticionario: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: rúa A Batundeira, 2. Velle (Ourense).
Denominación: regulamentación LMTA TTL813, van entre apoios D64-97-B-2 e D64-97-B-3 (Samos).
Situación: concello de Samos.
Características técnicas principais:
• Liña de media tensión aérea 20 kV TTL813 (expediente 3573-AT) con orixe no apoio existente D64-97-B-2 da LMTA TTL813 e final no apoio existente D64-97-B-4, cunha lonxitude de 283 metros en condutor LA-56. Substitúense o apoio nº B-64-97-B-3 de tipo C-12/2000 por un de tipo C-18/2000 e instálase un apoio novo D64-97-B-2/1 de tipo C-14/1000.
Finalidade da instalación: regulamentación de instalacións.
Orzamento: 7.947,65 €.
Documentación que se acompaña:
• Separata para o concello de Samos.
• Separata para Confederación Hidrográfica Miño-Sil.
• Separata para a Dirección Xeral de Patrimonio Natural.
Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 230/2020, de 23 de decembro, polo que se establece la estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, de 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,
RESOLVE:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, debendo realizar a dirección de obra un técnico competente.
Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a lei 24/2013, de 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte o da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.
Lugo, 6 de xuño de 2022
Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo