Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 6 de xullo de 2022 Páx. 38695

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 14 de xuño de 2022, do Servizo de Mobilidade de Lugo, polo que se notifican os acordos de incoación do expediente sancionador en materia de transportes terrestres LU-00498-O-2022 e un máis.

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Lugo acordou a incoación do expediente sancionador LU-00498-O-2022 e un máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Son informadas de que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Lugo.

Outórgaselles un prazo quince días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Lugo, 14 de xuño de 2022

Mª del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade de Lugo

anexo

Expediente

Matrícula

DNI/CIF/denunciado

Infracción denunciada

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto

cualificador

Precepto

sancionador

Sanción proposta

LU-00498-O-2022

C-6745-BY

X9953631J

Transportar mercadorías perigosas carecendo dos extintores ou de calquera outro medio de extinción de incendios que resulte obrigatorio en función do vehículo ou da carga transportada, ou dispoñer duns cuxa correcta utilización non estea garantida.

6.4.2022; 9.46; A-6; 523,139

Art. 141.5.3 LOTT

Art. 198.6.3 ROTT

Art. 143.1 LOTT Art. 201.f) ROTT

801 euros

LU-00499-O-2022

C-6745-BY

X9953631J

Transporte de mercadorías perigosas utilizando vultos (envases, embalaxes, recipientes a presión, GRG, grandes embalaxes) sen as marcas prescritas no ADR, parte 6.

6.4.2022; 9.37; A-6; 523,139

Art. 197.16.5 ROTT Art. 140.15.5 LOTT

Atenuante con base no art. 141.25 LOTT

Art. 201.i) ROTT Art. 143.1 LOTT

801 euros