Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 5 de xullo de 2022 Páx. 38281

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

EXTRACTO da Orde do 17 de xuño de 2022, pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento BS310Q).

BDNS (Identif.): 636588.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas destinatarias

Serán destinatarias da convocatoria as persoas galegas ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade feitos no ano 2022, agás o establecido no capítulo II para cada especialidade.

Enténdese por profesional aquela persoa que mantén unha relación contractual permanente ou ocasional con algunha empresa vinculada á especialidade concreta na cal solicita participar levando a cabo traballos directamente relacionados con ela, ou que está dada de alta como autónoma nunha actividade que teña unha relación directa coa citada especialidade.

Salvo no caso das especialidades de arte urbana, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, música e teatro, a participación será sempre a título individual.

Aquelas persoas que gañasen o primeiro premio dunha especialidade das convocadas na edición do ano anterior non poderán participar na mesma especialidade na presente convocatoria

Segundo. Obxecto

O obxecto é establecer as bases que rexen a concesión dos premios do programa Xuventude Crea e convocalos para o ano 2022.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 17 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento BS310Q).

Cuarto. Importe

Destínase un crédito de 93.050 euros con cargo á aplicación orzamentaria 13.06.313A.480.10.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. Outros datos

Especialidades dos premios do programa Xuventude Crea:

a) Artes plásticas.

b) Arte urbana.

c) Banda deseñada.

d) Cociña.

e) Creación de videoxogos.

f) Danza moderna.

g) Deseño de xoias.

h) Fotografía.

i) Moda.

j) Música.

k) Novela curta.

l) Poesía.

m) Teatro.

n) Videocreación.

Premios por cada unha das especialidades:

Un primeiro premio de 3.000 €.

Un segundo premio de 1.500 €.

Un terceiro premio de 1.000 €.

Un premio especial de 1.000 € para a modalidade de música clásica da especialidade de música.

Poderanse outorgar mencións de honra, que carecerán de dotación económica, nas diferentes especialidades, a aquelas obras que conseguisen chegar á fase final en relación coas especialidades que establezan a dita fase a que acceden os concursantes finalistas seleccionados e que, coa avaliación da comisión de selección, acaden a suficiente calidade.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2022

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Xuventude